Estimadas familias,
Tanto o equipo directivo como o profesorado queremos darvos a benvida a este curso que empeza.
Somos conscientes de que estamos a vivir unha situación difícil, con moitas dúbidas, e certa incertidumbre, e consideramos que ca colaboración e apoio de todas e de todos sairemos adiante.
Queremos comunicarvos que haberá cambios e novidades, estamos a traballar no plan de adaptación á situación COVID 19 e publicarémolo en breve na web.
O comezo das clases será escalonado:
- Xoves 10 de setembro: comezará EI 3 anos (segundo o Período de Adaptación que se publicará en bre na web) , EI 4 anos e 1º, 2º e 3º EP.
- Venres 11 de setembro: 6º de EI, 4º, 5º e 6º de EP.
O primeiro día entrarán cun horario diferenciado que informaremos con anterioride.
Outro cambio é o desdobramento de varios cursos 6º EI, 2º, 3º, 4º e 6º de EP, que pasarán a ser tres por cada un dos niveis, xa que de acordo co protocolo da consellería, non pode haber máis de 25 alumnos/as por aula.
Serán os titores/as quenes lles comunicará a través de ABALARMÓBIL uns días antes do inicio das clases a aula á que se ten que incorporar o seu fillo/a.
Este ano, debido a esta situación, procederase á entrega ó alumnado que ten concedido fondolibros uns días antes do inicio de curso. É importante que se respeten as datas de cara a facilitar a entrega dos libros e evitar aglomeracións:
CURSO |
DATA |
6º EP |
MARTES 8 DE SETEMBRO |
4º EP |
VENRES 4 DE SETEMBRO |
3º EP |
LUNS 7 DE SETEMBRO |
5ºEP |
MARTES 8 DE SETEMBRO |
Será o profesorado titor que contacte cas familias a través de ABALARMÓBIL para concretar o horario de entrega.
As familias que non recolleron o cheque do material en xullo, teñenno disponible na administración do centro en horario de 9:00 a 11:30 e de 12:00 a 14:00 h.
Lembramos a importancia de estar atentos á web e agradecemos toda a colaboración e paciencia en beneficio de todos.
Moi bo curso e reciban un cordial e afectuoso saúdo !
O equipo directivo