Skip to Content

Visita ASOTRAME

ASOTRAME

Un ano máis, contamos coa visita  dos membros de ASOTRAME: Asociación de Galega de Trasplantados de Médula Ósea.

As rapazas e rapaces de 5º de EP, tiveron a oportunidade de recibir unha charla didáctica e informativa sobre un tema tan importante como este, desde unha perspectiva sensible e cercana,  coñecer a campaña que están a realizar.

No corredor da planta baixa do centro deixaron unha pequena exposición itinerante que informa e sensibiliza sobre a doación de médula ósea.

Esta exposición pode ser visitada, e se pinchades aquí, veredes unha pequena mostra da mesma.

Grazas á asociación, así como os membros que acudiron ó colexio polo seu traballo e solidaridade.

 

 

BO NADAL 2018 !!!

                                                                                           

 

        Autora Postal: Sara Mboudou Vilas (6ºA)

 

A Comunidade Educativa do CEIP San Francisco Xabier

deséxalles un  Bo Nadal e un Feliz Ano 2019 

 

(BO NADAL 2018... FELIZ NAVIDAD 2018...MERRY CHRISTMAS 2018...) 

 

"O Nadal ... non é un acontecemento, senon unha parte do seu fogar que un leva sempre no seu corazón" (Freya Stark)

 

 

Queremos agradecer a todos os alumnos e alumnas a súa participación na elaboración e diseño das postais de Nadal, e dar os parabéns a Sara Mboudou Vilas (6ºA) cuxa postal foi seleccionada dentro do concurso de Postais de Nadal para a felicitación de 2018

 

MES DA CIENCIA EN GALEGO

O Equipo da Biblioteca Escolar impulsou en novembro a celebración do mes da ciencia en galego. Realizou unha fantástica exposición de fondos bibliográficos relacionados ca ciencia que permitiron o acercamento e divulgación da mesma e dos seus valores entre o noso alumnado.

A actividade foi un éxito e xenerou moito entusiasmo.

Agora os libros retornaron á biblioteca, e esperamos seguir disfrutando da súa lectura.

 

Simulacro de evacuación

Este venres 16 de novembro realizamos o simulacro anual de evacuación do edificio.

Aprendimos como actuar en caso de incendio. Empregouse fume, o que contribuiu a facelo máis real, acudiron os bombeiros á nosa chamada de emerxencia e revisaron o edificio comprobando que estabamos todos a salvo.

A evacuación foi un éxito e non se rexistrou ningún incidente.

Calendario Escolar

 

CALENDARIO ESCOLAR 2018/2019

O 20 de maio será día non lectivo


Calendario reunións de nivel cas titorías

Publícase o calendario cas datas das reunións das titorías cas familias  segundo o nivel correspondente.

Dada a importancia da temática a tratar, recoméndase a asistencia de todas as familias.

5º de EDUCACIÓN INFANTIL: 24 de setembro ás 16:00 h

6º de EDUCACIÓN INFANTIL: 17 de setembro ás 16:00 h

 

1º de EDUCACIÓN PRIMARIA:  1 de outubro ás 16:00 h

2º de EDUCACIÓN PRIMARIA: 24 de setembro ás 17:00 h

3º de EDUCACIÓN PRIMARIA:  8 de outubro ás 16:00 h

4º de EDUCACIÓN PRIMARIA: 15 de outubro ás 16:00 h

5º de EDUCACIÓN PRIMARIA: 22 de outubro ás 16:00 h

6º de EDUCACIÓN PRIMARIA: 29 de outubro ás 16:00 h

 

Benvida ó curso 2018-2019!!!

Ola a todos e a todas!!!

Mañá comezamos o novo curso escolar 2018-19 e queremos aproveitar para dar a benvida a todos os membros da comunidade educativa e desexar un bo inicio de curso!!!!!

O horario do mércores día 12 de setembro é o seguinte:

  • EI 3 anos: segundo o Período de Adaptación.
  • EI 4 e 5 anos: de 10:00 a 14:00 horas.
  • EP: 9:00 A 14:00 horas.

As listaxes de 3º de EP están expostas no taboeiro do centro.

En documento adxunto poden acceder á circular de inicio de curso, con informacións importante a ter en conta. 

 

LISTADO AXUDAS FONDOLIBRO 2018-2019

 

 PUBLÍCASE A LISTAXE DEFINITIVA DE DE ALUMNADO DE EDUC. PRIMARIA DO PROGRAMA FONDO LIBROS. Ver pdf adxunto.

 

PUBLÍCANSE OS LISTADOS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS DO PROGRAMA FONDO LIBROS DO CEIP SAN FANCISCO XABIER.

NOTAS:

  • Repárese que no listado publicado figuran algúns alumnos/as que non teñen adxudicación de libros. Esto débese a que tal e como recolle a orde de convocatoria do 9 de maio de 2018(DOG do 21/05/201, a adxudicación do fondo farase función da relación proporcional segundo os datos facilitados no impreso de solicitude. Adsemade nestes días estase a cumprimentar documentación precisa. Polo que unha vez se cumpra o prazo de listados provisionais orixinaranse novas relacións onde xa figurarán ese tipo de alumnado coa adxudicación que lle corresponda e que o propio centro terá que adquirir para poderllos proporcionar para o vindeiro curso.
  • Repárese no listado de non admitidos pois o prazo de reclamcións será de 2 día hábiles. O mesmo finalizará o vindeiro luns, día 9 de xullo. Horario de secretaría de 10:00 a 13:00 horas
  • Asemade comunícase que os cheques correspondentes ao programa de "Axudas libros e materiais"  están sendo entregados  e ata o venres 6. Os que non sexan recollidos nestes días serán entregados en setembro.

MERCADILLO DE MIRADAS AO MUNDO 2018

 ESTE ANO COMO NOS ANTERIORES E CHAGADAS ESTAS DATAS DE FINAIS DE CURSO CELEBRAMOS O NOSO TRADICCIONAL MERCADILLO SOLIDARIO COA COLABORACIÓN DA ONG CORUÑESA "MIRADAS AO MUNDO".

E UNHA SATISFACIÓN COMO EDUCADORES VER A IMPLICACIÓN DO ALUMNADO TANTO COLABORADOR COMO PARTICIPANTE NA ADQUISICIÓN DOS MÁIS DE 200 ARTIGOS QUE SE EXPUXERON. DESTACAR OS HABALORIOS AFRICANOS QUE TANTO ÉXITO TIVERON ENTRE PEQUENOS E MAIORES.

Para ver fotos pinchade aquí.

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO 2018-2019

 LISTADO DE LIBROS PARA O VINDIERO CURSO ESCOLAR 2018-2019

VER DOCUMENTO ADXUNTO

MATERIAIS ESCOLARES EDUC. INFANTIL. Ver adxuntos

Distribuir contido


by Dr. Radut