Skip to Content

HORARIO ENTREGA FONDO LIBROS 4º EP

Estimadas familias de 4º de EP, 

As familias que teñen concedidos os libros do fondosolidario de 4º EP poderán pasar a recollelos mañá venres, 4 de setembro.

A entrega terá lugar na porta central do porche do colexio, e as quendas para recollelos, serán en función da letra do primeiro apelido.

12:00 - 12:30 horas. Desde a letra  A ata a F (ambos incluídos)

12:30- 13:00 horas: Desde a letra  G ata a N (ambos incluídos)

13:00-13:30 horas: Desde a letra  P ata a V (ambos incluídos)

 

So poderá acudir unha persoa, debidamente acreditada para proceder á recollida. 

Grazas pola súa colaboración e reciban un afectuoso saúdo.

IMPORTANTE. MODIFICACIÓN DATA DE ENTREGA LIBROS FONDOSOLIDARIO 6ºEP

Estimadas familias de 6º de EP, 

Debido a un problema informático, non vai ser posible realizar a entrega dos libros do fondosolidario mañá xoves 3 de setembro. A data de entrega pasa a ser o martes 8 de setembro. 

Grazas pola colaboración e reciban un cordial saúdo.

 

 

 

BENVIDA INICIO DE CURSO

Estimadas familias,

Tanto o equipo directivo como o profesorado queremos darvos a benvida a este curso que empeza.

Somos conscientes de que estamos a vivir unha situación difícil, con moitas dúbidas, e certa incertidumbre, e consideramos que ca colaboración e apoio de todas e de todos sairemos adiante.

Queremos comunicarvos que haberá cambios e novidades, estamos a  traballar no plan de adaptación á situación COVID 19 e publicarémolo en breve na web.

O comezo das clases será escalonado:

  • Xoves 10 de setembro: comezará EI 3 anos (segundo o Período de Adaptación que se publicará en bre na web) , EI 4 anos e 1º, 2º e 3º EP.
  • Venres 11 de setembro: 6º de EI, 4º, 5º e 6º de EP.

O primeiro día entrarán cun horario diferenciado que informaremos con anterioride.

 Outro cambio é o desdobramento de varios cursos 6º EI, 2º, 3º, 4º e 6º de EP,  que pasarán a ser tres por cada un dos niveis, xa que de acordo co protocolo da consellería, non pode haber máis de 25 alumnos/as por aula.

Serán os titores/as quenes lles comunicará a través de ABALARMÓBIL uns días antes do inicio das clases  a aula á que se ten que incorporar o seu fillo/a.

 Este ano, debido a esta situación, procederase á entrega ó alumnado que ten concedido  fondolibros  uns días antes do inicio de curso. É importante que se respeten as datas de cara a facilitar a entrega dos libros e evitar aglomeracións:

 

CURSO

DATA

6º EP

MARTES 8 DE SETEMBRO

4º EP

VENRES 4 DE SETEMBRO

3º EP

LUNS 7 DE SETEMBRO

5ºEP

MARTES 8 DE SETEMBRO

Será o profesorado titor que contacte cas familias a través de ABALARMÓBIL para concretar o horario de entrega.

As familias que non recolleron o cheque do material en xullo, teñenno disponible na administración do centro en horario de 9:00 a 11:30 e de 12:00 a 14:00 h.

Lembramos a importancia de estar atentos á web e agradecemos toda a colaboración e paciencia en beneficio de todos.

Moi bo curso e reciban un cordial e afectuoso saúdo !

O equipo directivo

 

PRAZO INSCRIPCIÓN COMEDOR CURSO 2020/2021

Estimadas familias, 

Desde a ANPA A Cubela comunícannos que o prazo para inscripción no comedor de cara ó curso 2020/2021 estará aberto desde o mércores 19 de agosto ata o 4 de setembro, ámbolos dous incluídos. Fora deste prazo non admitirán ningunha solicitude. 

Toda a información está dispoñeble na web da ANPA: http://www.anpacubela.es/documentos.html

                                                                                                                                                                                                                                                                       

LISTAXES PROVISIONAIS FONDOLIBROS

Xa se poden consultar as listaxes provisionais do Fondo solidario de libros de texto no taboleiro do colexio, ou accedendo ao estado da vosa solicitude na aplicación fondolibros coa Chave365 ou certificado electrónico. Indícase nestas listaxes provisionais o número de libros que recibirá cada alumno/a, e nas de vales se está concedido ou non.

O prazo de reclamacións é de dous días dende o da publicación das listaxes, é dicir, os días 7 e 8 de xuño, presencialmente no centro en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Unha vez resoltas as reclamacións, publicaranse polo mesmo procedemento as listaxes definitivas. A data de publicación das listaxes definitivas será o 10 de xullo.

Nas listaxes definitivas de Fondolibros aparecerán os libros concretos para cada alumno/a. Tanto se recibides 6 libros coma se recibides 4, o reparto realizarase por esta orde: Matemáticas, Lingua Castelá, Lingua Galega, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e Inglés (Class Book). O resto de libros non forma parte do fondo solidario, así como o Activity de Inglés, polo que se deberán comprar.

As entregas serán no mes de setembro.

AVISO PARA 4ºEP: Á marxe do alumnado beneficiario que aparece nas listaxes de 4ºEP, tamén entregaremos en setembro, a TODAS as familias que o desexen, o libro de Inglés (Class Book).

AVISO PARA 6ºEP: Á marxe do alumnado beneficiario que aparece nas listaxes de 6ºEP, tamén entregaremos en setembro, a TODAS as familias que o desexen, os libros en préstamo de Lingua Galega, Lingua Castelá, Matemáticas e Inglés (Class Book).

 

A partires do xoves 9 de xullo estarán dispoñibles os vales para libros e material escolar do Fondo libros. A recollida dos mesmos será na Secretaría do centro os día 9 e 10 de xullo en horario de 10:00 a 13:30 h.  De non recollelo nesas datas estarán á disposición das familias en setembro.

MATRÍCULA ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2020/2021

 

Comunicamos que o alumnado admitido no CEIP San Francisco Javier para o curso 2020/2021, deberá formalizar a matrícula no centro entre o 1 e o 10 de xullo.

 O alumnado que se matricule en 4º de EI, formalizarán a súa matrícula preferentemente entre os  día 1 e o 3 de xullo, en horario de 10:00 a 12:00 h.

 A documentación que debe acompañar é a seguinte:

Lembramos, que unha vez matriculado o alumno/a, a familia deberá darse de alta na aplicación abalarmóbil

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2020/2021. LISTAXES DEFINITIVAS

As listaxes definitivas de admitidos e non admitidos están publicadas no taboleiro de anuncios no interior do centro.

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula entre o 1 e o 10 de xullo 

INFORMACIÓN FIN DE CURSO

Estimadas familias,

Comunicamos que o venres día 19 de xuño, finaliza este curso académico.

Os boletíns académicos serán publicados ese mesmo día ás 13:00 h, a través da aplicación abalarmóbil. A citada aplicación, permite contactar co profesorado titor para aclarar calquera dúbida que poida xurdir.

As familias de 6º de EP recollerán o historial académico do alumnado o día 29 de xuño nas aulas, de acordo co horario que indique a profesora titora.

Libros de texto: están publicados na web do centro, ata o día 19 pódense solicitar as axudas da Xunta para a súa adquisición.

As clases do vindeiro curso 2020/2021 comezarán o xoves 10 de setembro. Estaremos á espera das instrucións das autoridades sanitarias e educativas, e comunicaremos a información a través de abalarmóbil e tamén da web do centro.

Queremos agradecer a todo o profesorado, alumnado e familias o traballo, o apoio e esforzo para saír adiante na situación que acabamos de vivir.

Asimesmo, manifestar un recoñecemento especial para o alumnado de sexto e desexarlles moita sorte na nova etapa que empezarán no instituto.

 Lembramos que para calquer dúbida poden dirixirse ó correo electrónico: ceip.sanfrancisco@edu.xunta.gal, ou ben os números de teléfono: 881960981 - 881960980

Feliz verán e felices vacacións!! Vémonos no próximo curso !!

Recibide un cordial e afectuoso saúdo

A dirección

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/2021

Publícase a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020/2021.

Para acceder á mesma, prema na imaxe.

 

                                       

ADMISIÓN DE ALUMNADO. LISTAXES PROVISIONAIS CURSO 2019/2020

Hoxe, día 8 de xuño, procédese á publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2020/2021. 

Estas listaxes pódense consultar no centro ou telemáticamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou o certificado dixital. 

O prazo de reclamacións ás listaxes estará aberto desde o 9 ata o 11 de xuño ás 13:00 na secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30. As reclamacións resolveranse coa publicación das listaxes definitivas. 

As listaxes definitivas publicaranse antes do 26 de xuño. A súa publicación comunicarase a través da web do centro. 

O prazo de matrícula será do 1 ó 10 de xullo.

Distribuir contido


by Dr. Radut