Skip to Content

RESERVA DE PRAZA INSTITUTO ALUMNADO DE 6º EP

Iniciase do procedemento de admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

A atención das nais, pais e titores-as legais do alumnado de 6º de EP

De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B) e da ORDE da Consellería do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos , e modificada pola ORDE do 25 de xaneiro de 2017  Comunicamos o seguinte:

       1. O CEIP San Francisco Javier está adscrito ao IES Monelos

      2. O noso alumnado ten prioridade para matricularse neste Instituto por diante daquel alumnado que proceda doutros centros de primaria non adscritos. Isto non quere dicir que se obteña praza. A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

       3. O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.

   4. Toda a información e manuais está publicada na páxina da Consellería de Educación en admisionalumnado

      5. A presentación da solicitude pode ser no centro ou a través da Sede Electrónica ou chave 365 

a. Se opta pola presentación no centro o alumnado deberá entregar a solicitude ó seu titor-a antes entre o 11 de xaneiro e 8 de febreiro.

Pode cubrir a solicitude en línea e despois imprimila: 

SOLICITUDE ED550A

        b. Se opta por cubrir a solicitude informáticamente e asinala en sede electrónica deberá seguir os

        pasos indicados pola Consellería  na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/.

  1. O alumnado de sexto curso deste Centro que, de acordo co dito anteriormente, non faga no prazo establecido a reserva de praza para o citado instituto, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumprimentado no IES da súa preferencia, do 1 ao 20 de marzo, o documento que se publica como anexo II da citada Orde do 12 de marzo, modelo de impreso que se pode retirar na conserxería deste Centro a partires de marzo ou na web da Consellería. 
  2. A reserva no IES Monelos adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación dunha solicitude de admisión noutro centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
  3. O alumnado ADMITIDO deberá formalizar a matrícula no instituto entre o 25 de xuño e o 10 de xullo. 

BO NADAL E MELLOR ANO NOVO 2021

A Comunidade Educativa do CEIP SAN FRANCISCO JAVIER quere desexarvos unhas Felices Festas e mellor Ano Novo, cheo de saúde e no que se cumpran os mellores desexos!!.

Autores-as : Covadonga Somorrostro (6ºA), Isamar (3ºB), Javier Barbé (3º A) e Vega Reboredo (5º A)

No seguinte vídeo recollense todas as felicitacións do noso alumnado: FELICES FESTAS!!!.

 

VISITA DE MELCHOR

Onte tivemos a fortuna de que Melchor pasase polo colexio a visitar ós nenos-as de de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria. Foi unha visita emocionante na que poideron conversar co rei quen atendeu todas as súas preguntas..... qué nervosos estaban!!!.

Queremos darlle as grazas a Melchor que nos fixese un sitio a súa axenda para vernos!! GRAZAS!!!

Se queres ver o vídeo en pantalla grande pincha aquí.

                   

AGORA IMOS ANDANDO Ó COLE!!!

Un ano máis o alumnado do noso centro participou na convocatoria de STOP Accidentes- ANCAS (proxecto de participación cidadá, onde o peón é o protagonista) Agora imos andando ao cole!!! 

Queremos felicitar á nosa alumna Alba García Botana de 3ºB porque o seu debuxo saiu seleccionado e o día 17 de decembro recibiu o premio no Salón de Plenos do Concello de A Coruña, e a súa creación pasa a formar parte do calendario 2021 de ANCAS.

Podemos escoitar a explicación do seu debuxo pinchando aquí

PARABÉNS ALBA!!!

 

                                       

CAMPAÑA SOLIDARIA

Un ano máis o CEIP San Francisco Javier colaborou co Banco de Alimentos Rías Altas na campaña solidaria de recollida de alimentos para as persoas mais necesitadas e vulnerables da nosa cidade.  

Queremos agradecer a todas as familias a vosa colaboración, xenerosidade e solidaridade, o que permitiu entregar hoxe tres caixas cheas de alimentos a dita entidade. 

GRAZAS!!!!

 

                       

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ALUMNADO EDUCACIÓN PRIMARIA

Informamos que a Consellería de Educación acaba de publicar a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

 

Alumnado destinatario. 

Alumnado matriculado en Educación Primaria (non para Educación Infantil)

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que

cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

TRAMITACIÓN  E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

  • Presencialmente no centro en horario de 10:00 a 11:15 e de 12:30 a 13:30

  • Prazo presentación:  desde o 16 ata o 27 de novembro 2020 ámbolos dous incluidos.

  • DOCUMENTACIÓN, ANEXO I E ANEXO II. 

Ligazón á orde do  6 de novembro, pinchar aquí.

Anexos I, Anexo II pinchar aquí

As listaxes provisionais publicaránse no taboeiro interior do centro o 30 de novembro e en caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación. 

 

 

INFORMACIÓN

Estimadas familias:

O Equipo Directivo e o Equipo Covid do Centro están a seguir o protocolo establecido polas autoridades sanitarias no momento no que se reciba a notificación dun caso confirmado positivo.

Ante un posible positivo, seguiranse as canles de comunicación que establece o protocolo. Será a Xefatura Territorial de Sanidade, quen determine as medidas a adoptar no Centro e contactará cas familias que puideran estar afectadas.

Os centros educativos temos a obriga de gardar a confidencialidade e garantir o anonimato de posibles afectados segundo establece a Lei de Protección de Datos.

Atentamente

Equipo directivo e Equipo COVID.

BLOG DA BIBLIOTECA

Ola a todas e a todos!! 

O blog de Elmer, segue a traballar e a publicar día a día novas de actualidade, efemérides, actividades interesante e divertidas, vídeos, e un sin fin de propostas amenas e entretidas, non deixedes de visitalo. 

E agora,ademáis ten instagram!!!

Se queredes seguilo podedes facelo a través da seguinte ligazón: 

https://www.instagram.com/elmernacubela

PARTICIPACIÓN VII CARREIRA ENKI

Estimadas familias, 

Un ano máis ENKI quenta motores, e entre o 5 e o 10 de outubro deste ano, ponse en marcha a maior carreira pola inclusión de Galicia. 

Este ano imos a participar como centro, desde 5º EI ata 6º EP, adaptándonos á nova realidade que estamos a vivir. 

Detrás de ENKI está a Fundación Abrente, que traballa por un mundo máis inclusivo a través do deporte, dende o ano 2013 e que ten como obxectivo principal o de dar a coñecer a diversidade funcional. 

Por iso, dende o cole queremos fomentar estos valores que ENKI nos transmite e organizar unha carreira na que participe todo o centro e baixo o lema “#Jugamosencasa”. Nela, o alumnado levará un dorsal creado no centro e participará nunha carreira de obstáculos que terá lugar en horario escolar. 

Ademais, como familias podedes participar e inscribirvos de xeito totalmente voluntario. Toda a información está na súa páxina web: www.enkiproyecto.com

De optar pola inscripción, indicar o nome do neno ou da nena e o nome do colexio. 

Independentemente de facer ou non a inscrición e o pagamento, o alumnado participará igualmente na carreira, cos dorsais que lle entrega o colexio. 

Reciban un cordial saúdo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut