Skip to Content
CEIP SAN COSME
r/Covas, 96
27790- San Cosme de Barreiros
Tlf: 982 87 00 81
ceip.sancosme@edu.xunta.gal                      


 

SAÍDA Á CORUÑA

O venres 25 de outubro faremos a primeira saída do curso. Está relacionada coa nosa participación no Proxecta: Cinema en curso, na súa 15ª edición, na que están integrados outros 3 centros educativos de Galicia e moitas outras escolas e institutos de Cataluña, Madrid, Euskadi, Brandenburg e Chile. O alumnado de 4º, 5º e 6º acudirá á proxección inicial que será ás 11h30 no CGAI - Filmoteca de Galicia (Duran Loriga, 10 baixo - A Coruña). Veremos fragmentos de cineastas que nos inspirarán e espertarán as ganas de filmar os nosos primeiros planos.

O resto do cole, para aproveitar a viaxe, visitará o Aquarium Finisterrae acompañados por un guía no que aprenderán moitas cousas que podemos relacionar co noso Proxecto Documental: mar negro, mar branco.

Xantaremos en Riazor e contamos estar de volta arredor das 16:30.

 



blog | by Dr. Radut