Eventos

« Xullo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Servizos do Centro

Curso 2013-14

PROXECTO RÍOS 2013-2014

Un curso máis o CEIP de San Clemente animouse a seguir coñecendo o Río Bermaña e o seu ecosistema.

Os máis pequenos coñeceron algúns animais e plantas na súa viaxe a un regato que pasa preto do colexio; mentres que os máis grandes camiñamos ata o Río Bermaña onde vimos moitas plantas, paxaros e algo de lixo polo camiño. O máis impresionante foi ver larvas e macroinvertebrados que nunca viramos antes e que non sabiamos que existían no río.

Tamén calculamos a velocidade do río, o seu Ph, osíxeno e… pasámolo moi ben.

Outro día fomos ata Magán para ver onde nace o noso río.

Na clase tamén seguimos coñecendo o noso río buscando información sobre animais, insectos e plantas da contorna, vídeos da vida nos ríos galegos e tamén elaboramos poemas, debuxos e murais.

Hoxe sabemos a importancias nas nosas vidas dos ríos e da auga; de feito fomos correr a Caldas para conseguir auga potable para Níxer nun proxecto de Unicef.

Tamén coñecemos o uso tradicional que se fixo da auga dos ríos coa interesantísma visita de fin de curso aos muíños de Barosa onde coñecemos o seu funcionamento, historia… e fixemos pan.

Esta gran experiencia reflíctese nas seguintes fotografías :

 

 

 

 

AS EMOCIÓNS na Educación Primaria (2ª PARTE)

Actividades realizadas co alumnado do segundo ciclo de Educación Primaria (Ver arquivos adxuntos) :

 

AS EMOCIÓNS na Educación Infantil (1ª PARTE)

Este curso escolar traballamos sobre AS EMOCIÓNS.

Nos seguientes enlaces podedes ver os traballos realizados co alumnado de Educación Infantil:

                                                                                                                                

Ver outras actividades :