Eventos

« Xullo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Servizos do Centro

Música

Villancico de Nadal

Mañá ás 9:00 moi atentos a escoitar na radio en CADENA 100 o programa !Buenos días Javi y Mar! Alí emitirán un anaco do noso Villancico!

Festival de Verán

Ola de novo! Dende o centro, gustaríanos compartir con vós, os enlaces das actuación que ata agora temos dispoñibles.

Polo de agora so dispoñemos de 3, pero de seguro que en breve terémolas todas...incluíndo a dos mestres por suposto.

 Aquí podedes gozar da actuación do noso grupo de 4º de Primaria, que co seu "Con cuarto, me parto" achegáronnos o día a día dunha aula de Primaria, e como se pode traballar en contra do Bullying cando o grupo está unido. Para elo, fixeron unha primeira parte de obra de teatro e despois cantaron a canción "se buscan valientes" cunha posta en escena fantástica.


Como bó festival de verán, tamén houbo espazo para o baile, e como non, apareceu a canción do verán. O grupo de 3º de Primaria fixo unha coreografía fermosa con esta canción...e cun final do máis recurrente!

Turno agora para os máis cativos do noso centro, que coa súa natureza que os caracteriza colleron a vestimenta propia do verán (bañador, gorro de piscina e chanclas) e inundaron o escenario cunha piscina para facer o seu número de natación (des)incronizada, aínda que á vista do resultado obtido, saiu todo maís sincronizado do esperado! 

Aquí vos deixamos a súa actuación