Eventos

« Xullo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Servizos do Centro

Escolares

Visita dos Reis Magos

Os Reis Magos reciben a visita dos rapaces de 4º na biblioteca escolar. Con esta foto queremos felicitar o Nadal a toda a comunidade educativa.

Reciclamos para o Nadal!

Coincidindo co tema da reciclaxe en 4º decidimos aproveitar as caixas redondas dos queixiños para confeccionar un Papá Noel.

Aquí tedes o resultado.

Cociñando no Nadal!

 

Para rematar o noso traballo da abeleira e celebrar o Nadal os de 4º puxemonos a cociñar.Esta é a receita que elaboramos.

 

Piruletas de guirlache con abelás

Ingredientes:

  • abelás peladas e tostadas
  • azucre
  • unha culler de cacao

Utensilios:

Traballando o outono

Na area de plástica os alumnos de 6º elaboraron  un señora castaña! Empregaron a técnica do collage para ilustrar un interesante refrán.

Un pouco de xeografía

Explorando o mundo!

Agora toca buscar en que paises do mundo se producen mais abelás.

Daniel e Samuel son os encargados de buscar eses países e colorealos

nun mapamundi mudo. Fanno coa axuda da Internet.

Aquí os vedes traballando. Non lles resultou tan doado

como pensaban!

Mural da abeleira

A abeleira

Seguimos traballando!

Agora estamos recollendo as informacións

conseguidas nas nosas investigacións

e as mostras naturais nun mural.

Aquí nos tedes en acción!

A abeleira

Voltamos con moita ilusión!

Ante a proposta do equipo de actividades, os alumnos de 4º decidimos dar un paseo polo patio e seleccionar unha árbore para estudiar. A árbore elexida foi a abeleira.