Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Plan de recuperación horaria

Prezadas familias, Somos conscientes de que estamos vivindo momentos moi complexos, cheos de incertezas, que se escapan ao noso control. Isto fai que que a educación a nivel mundial se estea reorganizando, adaptando á nova realidade e sufrindo contastantes modificacións

Sabemos que a COVID-19 marcará para sempre as nosas vidas e formará parte da nova realidade. Desde a nosa escola estamos a facer todo o posible para recibir e acoller aos nenos e nenas coa maior seguridade posible, protección ante o virus e benestar para infancia.

Sen dúbida, isto supón un esforzo e implicación maior por parte de toda a Comunidade Educativa no referente a hábitos hixiénicos, organización de espazos, relacións interpersonais… Tendo en conta isto, o centro arrancou o día 10 e 11 de setembro con unha chea de inquedanzas e preocupacións. Considerábamos que a mellor maneira de garantir a seguridade do noso alumno era facer dous turnos de comedor para o que teríamos que modificar o horario do alumnado

Unha vez posto en práctica e analizando o seu desenvolvemento consideramos preciso replantexar esa primeira proposta de inicio do curso 2020-21 na cal o centro adicaba (40 minutos) ao servizo do comedor para dar cumprimento ás instruccións recollidas no protocolo COVID (versión 31 agosto 2020).

Nestes momentos comprobamos que temos posibilidade de recuperar ese tempo. Polo tanto, imos a proceder á súa modificación, pero non aos obxectivos que van seguir sendo os mesmos, garantizando a seguridade do noso alumnado e adaptándoo á nova realidade.

Este plan entrará en vigor o vindeiro xoves 1 de outubro.

Podedes consultalo en ADXUNTOS

 

Aproveitamos para informar que o vindeiro martes 29 de setembro ás 17.00h. teremos no pavillón unha reunión informativa onde explicaremos o plan de recuperación do horario xunto con todas aquelas dúbidas e inquedenzas que teñades. Esperámosvos!!!! 

AdxuntoTamaño
Circular familias 23 setembro modificación horario.pdf86.94 KB
PLAN DE RECUPERACIÓN DO HORARIO HABITUAL DO CEIP SAN CLEMENTE.pdf104.09 KB