Eventos

« Xullo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Servizos do Centro

Circular informativa

Prezadas familias,

Esperamos que esteades levando a corentena o mellor posible e que teñades o máis

importante que é a saúde.

Seguimos a vivir unha situación extraordinaria, onde o cotiá agora nos parece extraordinario. Todo isto vai facer que teñamos un inicio do terceiro trimestre totalmente diferente ao que estabamos acostumados.

1.       

No ASPECTO ACADÉMICO temos varias cousas que comentarvos:

§

Nestes momentos seguimos á espera de instrucións acerca do que facer no 3º trimestre. En canto se reciban se comunicarán a través de Abalarmóbil, a páxina web do colexio e do Facebook do centro.

§

Para facilitar a continuidade co segundo trimestre, desde as diferentes titorías seguiranse enviando tarefas a través do correo electrónico e como novidade a partir de mañá, 14 de abril de 2020, as titorías de 1º,3º,4º e 5º de primaria empezarán a traballar co programa Snappet para o cal se poñerán en contacto con vós as titoras a través do correo electrónico ou a través de Abalarmóbil.

§

A titoría de 2º de primaria seguirá traballando con Snappet tal como o estivo facendo ata o de agora.

§ 

A titoría de 6º de primaria seguirá traballando a través do correo electrónico.

§

Dicirvos que esta información poderá sufrir algunha modificación en función das instrucións que se cheguen a publicar nos vindeiros días.

2.       

Informarvos tamén de que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional comezará a pagar este martes 14 de abril as AXUDAS DE COMEDOR.

Esta contía cubre o correspondente aos días lectivos desde a suspensión das clases presenciais ata o día 12 de abril. En calquera caso a vixencia das axudas ampliarase ata o 26 de abril, polo que máis adiante farase un segundo pago correspondente ao período restante.

Aproveitamos para enviarvos un forte abrazo. Estamos con vós, padecemos as vosas tristezas, compartimos a vosa esperanza e celebramos os vosos éxitos.

Cando todo acabe estaremos encantados de contaxiarvos a nosa alegría, o noso bo humor, o noso empuxe e a nosa ilusión.

Agrademos a vosa colaboración e transmitímosvos todo o noso ánimo ante esta situación que como sociedade estamos a padecer.

¡¡¡Podemos con isto!!!

 

 

                                                                                                                                 Equipo Directivo.

AdxuntoTamaño
Circular informativa.pdf686.15 KB