Eventos

« Xullo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Servizos do Centro

Circular informativa COVID-19

CIRCULAR INFORMATIVA

Prezadas familias :

O Presidente da Xunta de Galicia, o día 12 de marzo de 2020, anuncia entre as medidas a adoptar frente a alerta sanitaria polo coronavirus  COVID-19, que a partir do día 16 de marzo os centros quedarán pechados por un período de 14 días naturais, podendo ser prorrogadas. Ante calquera dúbida sobre o coronavirus o teléfono de información para os cidadáns é o 900400116.

Como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, e ante a recente declaración da Organización Mundial da Saúde (OMS) como pandemia a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional adopta as seguintes medidas a ter en conta en todos os centros docentes de ensino non universitario:

Queda suspendida todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, REFÓRZAT-E con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.

Durante estes días  o alumnado deberá seguir facendo tarefas escolares pendentes e tamén aquelas que se lle van encomendar por parte do profesorado e que se lle comunicarán por diferentes vías ou ben,  por parte dos pais/nais/titores legais que poderán vir recoller no Centro ou facilitar unha vía de c ontacto. Para tal efecto, deberanse de seguir as instrucións que están colgadas tanto na páxina web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanclementecesar e no Facebook da escola.

Aproveitamos tamén para informaros que, ata este momento, no colexio non temos coñecemento, nin se nos trasladou desde as familias ou desde as autoridades sanitarias, a existencia de ningún caso positivo de coronavirus entre o seu alumnado e  persoal laboral.

Agradecemos a vosa comprensión e apelamos á serenidade e á prudencia recomendada por todas as institucións.

Recordamos que segundo as previsións establecidas ata o momento, a data provisional de retorno ao centro é o 30 de marzo do 2020. De haber modificacións seredes notificados a través da páxina do centro e o do Facebook.

Recibide un cordial saúdo.

En Baltar a, 13 de marzo de 2020

O equipo directivo