2008-09, 2009-10, 2010-2011, 2011-2012

GAÑADORES CONCURSO LETRAS GALEGAS

 

DEBUXO:
NURIA QUINTÁNS PÉREZ - EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS
ÓSCAR LOUREDA IGLESIAS - 1º DE PRIMARIA
POESÍA:
ANDRÉS REY FERNÁNDEZ - 3º DE PRIMARIA
MATÍAS FIGUEROA VILLAR - 4º DE PRIMARIA

 

Para ver os seus traballos preme aqui: (traballos)

RIMAS

 

OS ALUMNOS DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 5 e 6 ANOS FIXEMOS RIMAS COS NOSOS NOMES, ESPERAMOS QUE VOS GOSTEN:

 

O pequeno FERNANDO sempre está falando.

 

O valente ABELARDO xoga cun dardo.

A boa de MARÍA nada na ría.

O listo de TOMÁS usa o compás.

O bo de FRANCISCO come marisco.

A simpática de CARLA sempre está de charla.

O valente de PABLO sobe nun cabalo.

Ao noso JAVIER gústalle ler.

O simpático OLIVER xoga con Javier.

O listo de IAGO disfrázase de mago.

A presumida de SARA lávase a cara.

A pequena TABITA coida da gatita.

O pequeno IAGO é un pouco vago.

A linda CANDELA sopra unha vela.

O bo de JUAN ten un tucán.

A  graciosa  REBECA  xoga ca boneca.

A lista de NURIA xoga ca nutria.

A graciosa ANDREA pasea con Bea.

A cariñosa PATRICIA quere a Lucia.

A nosa JENNIFER xoga con Oliver.

A linda NOEMI solfea o "mi".

Letras galegas

Para celebrar o día das Letras Galegas a biblioteca do colexio e a súa mascota a bruxa Libruxa convídanvos a participar nun concurso de poesías en galego.

Agradecemos á escritora Gloria Sánchez o seu poema - agasallo para as bibliotecas escolares de Galicia, así como tamén lembramos os versos do escritor Ramiro Fonte incluidos no libro "Xardín do pasatempo".

Boca. Cando escribo esa palabra,
Biblioteca libro,
biblioteca un refacho invisible para as follas
Dedo. eu fico pensativo.
Librotecas
librostocas Ramón Fonte.
leo ...
Son palabras no recreo.
Gloria Sánchez.

Para participar neste concurso osalumnos/as deberán facer o seguinte:

  • Os alumnos/as de Ed. Infantil e 1º Ciclo de primaria farán debuxos relativos os anteriores poemas.
  • Os alumnos/as de 2º e 3º Ciclo de primaria inventarán poesías en galego.

Dende a biblioteca queremos agradecer a colaboración dos titores e dos alumnos do centro. Os debuxos e traballos recolleranse na biblioteca. Gracias. Un saúdo.

A bruxa Libruxa

DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL DE 2009

Ola:

Son eu de novo, a bruxa Libruxa, propoñovos que xoguedes comigo a acertar adiviñas.Espero que o pasedes ben. Moitos bicos !!!

Adiviñas:

  • Doce señoritas con medias e cuartos

e andan e andan sempre sen zapatos.

  • Miña nai e tartamuda e meu pai é cantador

teño branco o meu vestido e marelo o corazón.

  • Eu son o amo que canta aquí; teño unha pucha color rubí

e o neno bonito esperto así: qui-qui-ri-quííí...!

  • Falo sen boca e ando sen pés

douche na cara e ti non me ves.

  • Unha saba branca sen algodón

e cobre a terra e, o río, non.

  • Alto pimpin, redondo molete:

que chova, que nee, non se derrete-

  • ¿Que cousiña é, que canto máis pequena,

máis se pode ver?

Distribuir contido