2008-09, 2009-10, 2010-2011, 2011-2012

DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL DE 2009

Ola:

Son eu de novo, a bruxa Libruxa, propoñovos que xoguedes comigo a acertar adiviñas.Espero que o pasedes ben. Moitos bicos !!!

Adiviñas:

  • Doce señoritas con medias e cuartos

e andan e andan sempre sen zapatos.

  • Miña nai e tartamuda e meu pai é cantador

teño branco o meu vestido e marelo o corazón.

  • Eu son o amo que canta aquí; teño unha pucha color rubí

e o neno bonito esperto así: qui-qui-ri-quííí...!

  • Falo sen boca e ando sen pés

douche na cara e ti non me ves.

  • Unha saba branca sen algodón

e cobre a terra e, o río, non.

  • Alto pimpin, redondo molete:

que chova, que nee, non se derrete-

  • ¿Que cousiña é, que canto máis pequena,

máis se pode ver?

Distribuir contido