Skip to Content

Información

CONCURSO SAMAÍN

Aínda estades a tempo de participar no concurso convocado dende a Biblioteca de Toc-Tina!

Este curso hai dúas modalidades, micro-relato e ilustración, ANIMÁDEVOS!

DÍAS NON LECTIVOS

Estimadas familias, 

Comunicamos que os días solicitados polo centro como non lectivos e aprobados no Consello Escolar son o 7 de decembro de 2021 e o 16 de maio de 2022pendentes aínda de aprobación pola Inspección Educativa.

Asimesmo, lembramos que o luns 11 de outubronon é lectivo, por ser o Día do Ensino, tal e como se establece no calendario escolar para este curso 21/22. 

Como o martes é festivo, esperamos que teñades unha boa e feliz ponte!

Un saúdo, 

O Equipo Directivo.

  • Prema aquí para máis información do calendario escolar. 

 

 

CONVOCATORIA DE BOLSAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NEAE_CURSO 21/22

 

Aberto o prazo para solicitar as bolsas de carácter xeral para o curso académico 2021/2022 para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Aquí vos deixamos o enlace directo ao BOE.

O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 30 de setembro. A solicitude debe presentarse a través da páxina web do Ministerio: 

Unha vez cuberta a solicitude hai que imprimila e presentala no colexio antes do 30 de setembro xunto coa documentación solicitada.

Para facilitarvos o proceso e a modo de explicación, vos deixamos varios documentos adxuntos ao final desta entrada.

Ante calquera dúbida poñédevos en contacto coa Orientadora do centro.

CURSO 2021/2022

Distribuir contido


by Dr. Radut