Skip to Content

Documentos de Alumnado

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS PARA O REPARTO DE MÁSCARAS

No taboleiro de anuncios do centro, xa están expostas as listaxes provisionais de admitidos para o reparto de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria.

O prazo de reclamación é de dous días hábiles, xoves 03 e venres 04 de decembro.

 

A Dirección do centro

AXUDAS INDIVIDUALIZADAS TRANSPORTE ESCOLAR 2020-21

 

 Xa está aberto o prazo para solicitar a axuda individualizada para o transporte escolar. Poderanse acoller aquelas familias que cumpran os requisitos establecidos.

Toda a información pódese consultar no arquivo adxunto.

O prazo está aberto ata o 25 de setembro.

Para presentar a solicitude será preciso pedir cita previa no teléfono da secretaría do centro: 881 880 834

 

Actividades para casa durante a suspensión das clase polo COVID-19

Prezadas familias:

Tal é como se establece nas instruccións do 13 de marzo de 2020 no seu artigo 3.3, nos arquivos adxuntos (organizados por cada curso) poderedes acceder ás actividades propostas polo profesorado do centro para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios durante os vindeiros 14 días.

Ademáis varias Apps están ofrecendo gratis os seus contidos Premium para axudar a que os nenos e as nenas sigan aprendendo dende a casa. Aquí tendes a listaxe:
 
-
Academons Primaria:  a App de Homeschooling está ofrecendo 30 días de acceso gratis a todo o seu catálogo de xogos de Matemáticas, Lengua, Inglés, Ciencias e Science  http://bit.ly/Academons_Gratis

-Ta-tum: do grupo editorial Edelvives, ofrece acceso gratuito ata o mes de xullo a esta plataforma para o fomento da lectura  http://bit.ly/Edelvives_Tatum

-Smartick: esta App malagueña está ofrecendo acceso 15 días gratis a súa App para repasar as matemáticas.  http://bit.ly/Smartick_15

-Genially: a plataforma para facer presentacións interactivas ofrece por un tempo limitado as súas plantillas e recursos Premium gratis   http://bit.ly/Genially

 -AMCO: Acceso aos xogos de Mates e Lengua da súa App Eduzland gratis por un tempo limitado   https://amconews.es/eduzland/
 
-Smile and Learn: esta App para los máis pequenos da casa está ofrecendo acceso gratuito durante un mes ao seu catálogo de xogos interactivos.   http://bit.ly/smile_learn

-M.A.R.S.: esta App do grupo SM ofrece códigos desconto para acceder aos contidos de 3º a 6º de Primaria.  http://bit.ly/MARS_App

-Cerebriti Edu: ofrece os seus máis de 50.000 xogos de Primaria e Secundaria gratis ata finais de curso  http://bit.ly/Cerebriti_Edu

 

Para solucionar dúbidas respecto ás tarefas, poderedes poñervos en contacto co centro a través do correo electrónico: ceip.salgado.torres@edu.xunta.gal

 

Ou ben a través do teléfono 881880830 en horario de 10:00 a 13:00h.

 

Asemade, agradecemos que se manteñan informados e informadas a través desta páxina web  e do Abalar Móbil xa que publicarase nestes medios toda a información referente a esta situación.

 

 

DESCARGA DE DOCUMENTOS

 

INFORMACIÓN E AUTORIZACIÓN PARA ENFERMIDADE COMÚN

 

Distribuir contido


by Dr. Radut