Skip to Content

Calendario

« Outubro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Linguas estranxeiras

Vídeos

April 2020.

Macmillan stories to watch and learn.

Macmillan stories

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

March 2020.

We enjoy a lot in Face2face theatre play


Cinderella was a great fun!! 

Peppa Pig. The Great Egg Hunt

 

POCOYO

English for Children

Paxinas web para aprender inglés xogando.

  • E. Infantil e 1º Ciclo de E.Primaria

SONGS

GAMES

  English for Little Children

  

Inglés

Compoñentes do departamento

Raquel Blanco

Concepción Hernández Corral

Actividades Curso 2019/2020

Halloween (28th - 30th October 2019)

Christmas (2nd - 20th December 2019)

Carnival (17th - 21st February2020)

Easter (30th March - 3th April 2020)

Face2Face Theatre: "My funny Frankenstein" (March 2nd)

Consellos para Pais/Nais/Titores sobre como axudar aos fillos na aprendizaxe da lingua estranxeira.

 Aínda que os nenos/as aprenden inglés no colexio, un apoio extra na casa sempre ven ben. Canto máis expostos están ao idioma, máis probabilidade terán de avanzar. 

Ofrecémosvos  algunhas suxerencias:

1. Amosade unha actitude positiva cara o inglés. A cotío os nenos/as non queren ‘falar en inglés’ cos pais, pero gústalles ver o caderno ou o libro e charlar sobre as personaxes ou as tarefas que lles mandamos facer. Este tipo de apoio provoca un maior interés cara o idioma.  

2. Á hora de ver un DVD que os seus fillos/as xa coñezan, é preferible que o idioma sexa en versión orixinal, sempre que sexa posible. Non supón un gran inconveniente que os subtítulos aparezan no idioma materno, porque están escoitando inglés. Se supón demasiado esforzo ver toda a película deste xeito, seleccione algunhas escenas.

 3. Escoite cancións en inglés. Pode utilizar o CD que trae o libro de clase ou localizalas online; poden ser adaptadas ou orixinais. O importante é que sexan cancións que lles gusten. . Escoitar inglés, aínda que non se entendan todas as palabras, axuda a que dende pequenos, os alumnos/as ‘fagan oído’.

 4. Se o seu fillo/a sabe ler, cando dea un paseo pola rúa, por un centro comercial,  resulta moi positivo que identifiquen todas as palabras en inglés que poda para axudar aos máis pequenos a darse conta que o inglés é un idioma ‘vivo’ no mundo que está ao seu redor.

 5. Se sabe qué vocabulario está aprendendo o seu fillo/a nas clases de inglés pode preguntárllelo. Por exemplo, se aprende as cores, pregúntelle pola cor dun obxecto. Se o fai correctamente, é importante recompensalo dicindo: “Very good” ou “Well done!”.

 6. É fundamental, que axude, anime e recompense ao seu fillo/a cando fai intentos para falar en inglés. Fágao ben ou non, provoque sempre un reforzo positivo para que o siga intentando.

 7. Axude aos fillos a preparar o material que necesita para as clases de inglés. Se coñece palabras en inglés que identifiquen algún obxecto que apareza neste material, noméelo en alto para que o repita.

 8. Visite páxinas webs en inglés para facer repasos cos seus fillos. Aquí tedes algúns exemplos:

Frosti

http://www.frosti.es/ (actividades con instrucións en castelá para repasar vocabulario básico en inglés)

Los Lunnis

http://www.rtve.es/infantil/videos-juegos/#/videos/lunnis/todos/ (cancións e vídeos en inglés para os máis pequenos)

Sesame Street

http://www.sesamestreet.org/ (Barrio Sésamo en inglés, con xogos e vídeos)

Nadal

http://www.primarygames.com/holidays/christmas/color.htm(selección de imaxes de Nadal para imprimir e colorear. Fale co seu fillo/a de cal lle gusta máis e mentres colorea comprobe se sabe dicir as cores en inglés ou contar en inglés os diferentes obxectos que hai nunha imaxe. Por exemplo, ¿Cantos regalos hai debaixo da árbore? Etc.).

Oxford Online Learning Zone

Oxford Online Learning Zone ofrece xogos interactivos, contos e outros recursos para os nenos e nenas usuarios dos libros de Oxford University Press.

Oxford Owl

http://www.oxfordowl.co.uk/

Páxina en inglés creada para axudar aos pais coa lectoescritura e matemáticas. Dispón de moitos e-books gratis co audio para apoiar a lectoescritura e a comprensión auditiva en inglés.

Esperamos que esta información sexa de utilidade para que os vosos fillos/as gocen co inglés.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut