Skip to Content

Primeiros Auxilios 2ºA 2019/20

PRIMEIROS AUXILIOS

O luns 17 de febreiro as nenas e nenos de 2º recibimos unha lección de primeiros auxilios da man dun grupo de enfermeiras. Ademais, despois da explicación teórica, practicamos cos nosos peluxes!

Así, aprendimos como podemos salvar unha vida coas nosas propias mans!  

Aprendimos moitas cousas útiles como as seguintes:

Hai que chamar ao 061 ante unha emerxencia sanitaria e saber de memoria a dirección da nosa casa para informar de onde estamos.

Se alguén perde a consciencia ante nós, temos que comprobar se respira, empregando a manobra frente-mentón para oír, ver e sentir a súa respiración.

 Se a persoa respira pero está inconsciente, temos que colocala na posición lateral de seguridade.

Se non respira, podemos facer unha reanimación cardíaca ao ritmo da canción da Macarena.

Se alguén se atraganta, o primeiro é animarlle a tusir para que expulse por si mesmo o corpo estraño. Se vemos que non é capaz, temos que darlle 5 palmadas na espalda, a determinada altura e con determinada parte da palma da man. E, finalmente, se vemos que aínda así non consigue expulsar o que lle está a atragantar, temos que facer a manobra de Heimlich.

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut