Skip to Content

Día do Refuxiado

Durante o mes de xuño no hall do cole temos montado un campamento e unha exposición con fotografías e texto para dar visibilidade ás duras condicións de vida das persoas que teñen que vivir refuxiadas en campos e así concienciar os alumnos desta realidade, xa que o CEIP Salgado Torres forma parte da Rede de Escolas de Amnistía Internacional.  

Ademais, a partir do 20 de xuño haberá tamén nos Cantones da cidade de A Coruña un campo de refuxiados, organizado pola asociación Acampa, e que acollerá diversas actividades (obradoiros, exposicións, charlas...) que poderedes consultar facendo clic na seguinte ligazón: https://coruna.redeacampa.org/es/programa-2019/

Facendo clic na imaxe podedes ver con maior detalle este cartaz:

Cartaz Refuxiados 2019

 

 



story | by Dr. Radut