Skip to Content

Calendario

« Outubro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO AUTISMO

Co obxectivo de pór en relevo a necesidade de axudar a mellorar as condicións de vida dos nenos/as e dos adultos que padecen Trastorno do Espectro Autista (TEA), a Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Como cada ano, dende o CEIP Salgado Torres celebramos este día realizando dúas actividades de concienciación.

Unha actividade de información sobre o Programa INCLUSOPATIO.

Programa que pretende estruturar unha parte do tempo de recreo para dar unha resposta axeitada á totalidade do alumnado con diversidade funcional, especialmente ao alumnado con TEA do noso cole. Da mesma maneira, ao participar neste plan outros nenos e nenas estamos a fomentaras habilidades sociais, a colaboración e a empatía entre os membros do grupo-clase.

A segunda actividade está recollida da Campaña do Día Mundial de Concienciación do Autismo 2019, baixo o lema “I . Una dinámica nueva para el autismo”. A actividade consistiu en reproducir o símbolo de infinito da maneira máis orixinal e creativa, facendo un mural de exposición no hall do centro.

Ademais, hoxe estivo no centro unha xornalista de Radio Voz (Voces de A Coruña) facéndolle unha entrevista á nosa directora e a varios nenos e nenas de 4º sobre este día.