FONDO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL

LISTAXE DEFINITIVA

DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO  E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2017-18

 

As listaxes poderanse consultar no taboeiro de anuncios do Centro.

Fondo de Libros:

Nos documentos adxuntos pódense consultar as listas definitivas dos libros adxudicados do fondo solidario de libros a cada alumno/a. Os libros entregaranse aos nenos/as na clase a principios do vindeiro curso.

Vales material e libros de texto:

Nos documentos adxuntos pódense consultar as listas das axudas concedidas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

Os vales poderanse recoller do 12 ao 14 de xullo na secretaría do centro (horario de 10:00 a 13:00). Se non se recollen nestas datas poderán pasar a retiralos a partir do 1 de setembro.

Os vales só se entregarán a:

- Persoa solicitante presentando o seu DNI

- Persoa autorizada polo solicitante. Presentando:

- Unha autorización na que se sinale:

1.- Nome e DNI do/a solicitante

2.- Nome e DNI da persoa autorizada para recoller o/s vale/s

3.- O/s vale/s que recollerá

4.- Lugar e data

5.- Sinatura

- fotocopia do DNI da/o solicitante.

- DNI da persoa autorizada para comprobar a súa identidade.

 

 

AdxuntoTamaño
Lista Definitiva_FONDO DE LIBROS_curso 2017-18.pdf137.99 KB
Concedidas - Axudas Libros de Texto .pdf21.55 KB
Concedidas - Axudas Material Escolar.pdf30.13 KB
Excluidos - Axudas Material Escolar.pdf22.7 KB
Excluidos - Axudas Material Escolar.pdf22.7 KB