NOVAS DÍA DO LIBRO

CONTACONTOS E EXPOSICIÓN DE MANUEL COLMEIRO ON LINE

Día do Libro no MARCO

Xoves 23 de abril 2020

O MARCO celebra o Día do Libro cunha sesión especial de contacontos online para público familiar, un avance da súa publicación sobre o artista Manuel Colmeiro, e unha nova edición da experiencia de Bookcrossing na rede, en colaboración con outros museos e centros de arte.

#DíadoLibro #DíadelLibro #BiblioMARCO #MARCOencasa #euquedonacasa

Sesión de contacontos online, con María Xosé Martínez

“As luces que se acenden e se apagan”, baseado no libro de Ramón Trigo (Editorial Kalandraka)

Emisión: xoves 23 abril ás 12.00, a través da web do MARCO, redes sociais e Youtube

Unha iniciativa da Biblioteca-Centro de documentación do MARCO para público familiar.

https://bit.ly/2VoT1o6

Maria Xosé Martínez, membro do equipo de didáctica do MARCO e autora con amplia experiencia en actividades educativas para público infantil e familiar, ofreceranos en primicia unha sesión de contacontos teatralizada, baseada na historia do artista, ilustrador e escritor Ramón Trigo, no seu libro As luces que se acenden e se apagan (Editorial Kalandraka). A actividade será accesible a través da web do MARCO, o seu perfil en redes e o seu canle de Youtube. Unha excelente oportunidade para compartir en familia esta experiencia dirixida a públicos de todas as idades!

Cada quen ten unha luz que se ilumina na súa cabeza cando xorden boas ideas…

Quen non desexa que os seus soños se fagan realidade cando menos unha vez na vida???

Esta historia convídanos a reflexionar sobre a nosa percepción de nós mesmos no mundo, sobre os nosos desexos, a forza da vontade, o tesón e a superación dos nosos propios medos.

Isto e moito máis podemos aprender a través desta sinxela e fermosa narración que permite adentrarse no universo creativo dos artistas…

+ INFO http://www.marcovigo.com/content/novas

 

Avance publicación

Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos

Catálogo da exposición producida polo MARCO e comisariada por X. Carlos L. Bernárdez

Tal como estaba previsto dende a xornada inaugural, no MARCO continúase a traballar a fondo no deseño e contidos da publicación Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos, resultado da exposición do mesmo nome, á espera de poder percorrela de novo en directo nas salas do 1º andar.

Producida polo MARCO e comisariada por X. Carlos L. Bernárdez, tanto a mostra como a publicación configúranse a partir dunha coidada investigación e relectura do sentido, obxectivos e incidencia da obra dun dos pintores chave na historia da arte galega.

+ INFO http://www.marcovigo.com/content/manuel-colmeiro-espazos-e-encadramentos

 

NESTE ENLACE TEDES UN PROGRAMA COMPLETO DE MÚSICA, CONTACONTOS.. PARA DISFRUTAR NO DÍA DO LIBRO.

https://www.youtube.com/watch?v=DAkAbqFwgOo&list=UUTIsd9fvX4IC5_19AewwJJA

 

 

Blogs anteriores

Iniciar sesión: Acceso