Skip to Content

ÚLTIMA SEMANA. RECOMENDACIÓNS VERÁN

 INFORMACIÓN FIN DE CURSO

O próximo venres, día 19 de xuño, remata oficialmente o curso; polo que éste será o último envío de tarefas (son recomendacións para o verán). Ese día os boletíns da Avaliación Ordinaria ou Final aparecerán na aplicación Abalar Móbil (este curso non haberá calificacións da terceira avaliación, seguindo instruccións da Consellería).

Lembrámoslles que a única maneira de poder acceder ás notas dos seus fillos será a través desta aplicación, que deberán descargala no seu teléfono móbil a través de Play Store (os que non a teñan xa descargada) e deberán ademais habilitar a opción de Notificacións Activadas, pois esta vai ser a canle principal de comunicación do centro cos pais dos alumnos a partires de agora (ademais da páxina web do centro). Toda a información sobre as listas de admitidos e excluídos das axudas de libros e material e prazos de reclamación, listas de material para o curso que ven, inicio do curso 2020-21, avisos importantes da Anpa sobre as solicitudes de prazas de comedor(xa notificada)... será comunicada por estas dúas vías. Se, por algunha razón de carácter técnico, a familia do alumno non pode descargala (por non dispor de móbil ou telo sen conexión a internet) deberá poñerse en contacto co titor do seu fillo para ver cómo facerlle chegar o boletín de notas e achegarse ó centro para coñecer as novas que vaian xurdindo. Isto é moi importante, pois o centro non se vai facer responsable se, por non cumprir os prazos, alguén se queda sen axuda dalgún tipo.

En canto ó curso que ven, estamos agardando que a Xunta de Galicia publique no DOGA as instruccións pertinentes para o inicio das clases en setembro. En canto teñamos coñecemento delas e despois do seu estudo e aplicación á realidade do centro, informaremos debidamente ás familias (a través de Abalar e páxina web). Reiteramos a importancia de ter activadas as Notificacións na aplicación Abalar.

Un recordo especial para os alumnos de sexto que este ano rematan a súa escolarización no noso centro. Non tiveron a despedida que merecen. Por iso, agardamos poder ter con eles unha xuntanza en setembro.

Non nos queda máis que desexarlles a todos un feliz verán.

Para calquera aclaración estamos á súa disposición no centro, no número de teléfono 881960316 ou no correo ceip.sagrada.familia@edu.xunta.gal

Reciban un cordial saúdo.

A Dirección.



page | by Dr. Radut