Skip to Content

Admisión e matriculación, Calendario escolar, Consello escolar, Equipo directivo, Historia, Horarios, Libros de texto, Localización, Organigrama, Profesorado, Secretaría, Titorías

LISTA PROVISIONAL ADMITIDOS E EXCLUIDOS DE BENEFICIARIOS DAS MÁSCARAS

Xa están expostas no taboleiro da entrada principal do centro a listaxe provisional de admitidos e excluidos do alumnado beneficiario das máscaras. Poderá presentarse reclamación ata o xoves 3 de decembro.

O venres 4 publicarase a listaxe definitiva. O mércores 9 de decembro os titores  repartirán as máscaras a cada alumno na clase. Rogamos ás familias beneficiarias que comproben que o seu fillo leva as máscaras.

Calquera incidencia contacten por teléfono no 881 960316.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

No DOG do venres 13 de novembro de 2020 saíu publicada a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado. 

ALUMNADO DESTINATARIO

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial: 

a) Non ten que presentar solicitude: o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. 

b)  Ten que presentar solicitude: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

 • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. 

• Alumnado matriculado en educación especial. 

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia. 

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

 De forma presencial no centro do 16 ao 27 de novembro  utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible neste enlace  e na secretaría do centro

Unha vez rematado o prazo sairá unha lista provisional que se poderá reclamar nos dous días seguintes e unha definitiva posteriormente. 

Unha vez finalizado este prazo avisarase por este canle e pola aplicación abalar do procedemento de distribución das máscaras. 

 

COMEZO DO CURSO 2020-2021. INFORMACIÓN IMPORTANTE

Comezamos un novo curso, diferente a todos os anteriores e marcado pola situación sanitaria actual. Haberá cambios que nos afectarán a todas as familias e profesorado, polo que a colaboración e apoio de toda a comunidade educativa vai ser fundamental pensando sempre no ben dos nenos.

A continuación detállase toda a información referida ao comezo do curso. Ademais o titor poñerase en contacto para informarlle das reunións de titoría.

Seguindo as instrucións da Consellería, o inicio do curso será escalonado en dous días.

DIA10 DE SETEMBRO

CURSO

ENTRADA

SAÍDA

5º DE E.INFANTIL             

Ás 11:00

Ás 13:20

1º DE E. PRIMARIA

Ás 10:30

Ás 13:40

2º DE E. PRIMARIA

Ás 10:00

Ás 13:50

3º DE E. PRIMARIA

As 9:30

As 13:40


11 DE SETEMBRO

CURSO

ENTRADA

SAÍDA

5º DE E.INFANTIL       

Ás 11:00’

Ás 13:20

6º DE E.INFANTIL              

Ás 10:45

Ás 13:30

1º DE E. PRIMARIA

Ás 9:00

As 13:40

2º DE E. PRIMARIA

Ás 9:00

Ás 13:50

 3º DE E. PRIMARIA

Ás 9:00

As 13:40

4º DE E. PRIMARIA

Ás 10:00

Ás 13:50

5º DE E. PRIMARIA

Ás 9:45

Ás 14:00

6º DE E. PRIMARIA

As 9:30

Ás 14:00

 As reunións de inicio de curso cós titores adiántase aos días 8 e 9 de setembro. No cadro están os grupos de cada día. O titor poñerase en contacto para informarlle da quenda que lle corresponde. 

Soamente pode acudir un proxenitor por neno, con mascarilla. Pregámoslles puntualidade e a evitación de aglomeracións sobre todo na entrada e saída entra das quendas.

  

 

MARTES 8 DE SETEMBRO

MÉRCORES 9 DE SETEMBRO

 1ªQUENDA 16:00 h

 APERTURA PORTAS

 15:50 h

 4º e 5º E.Infantil  en patio cuberto

 1º e 2º  E.Primaria en patio columnas

 3º de E.Primaria en puerta principal

 6º E.Infantil en patio cuberto

 4º E.Primaria en puerta principal

 5º e 6º E.Primaria en patio columnas

 6º E.Primaria en patio columnas

 2ª QUENDA 17:15

 APERTURA PORTAS 

 17:05 h

4º e 5º E.Infantil  en patio cuberto

1º e 2º  E.Primaria en patio columnas

3º de E.Primaria en puerta principal

 4º E.Primaria en puerta principal

 5º E.Primaria en patio columnas

 6º E.Primaria en patio columnas

COMEZO DO CURSO 2020-2021

O inicio das clases terá lugar o dia 10 de setembro, cun horario adaptado de entrada e saída que se concretará  na primeira semana do mes de setembro.

Esta información e outras relacionadas coa situación actual serán comunicadas a través desta canle previo aviso na aplicación abalar móbil.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO

LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO - CURSO 2020 - 2021 

 (22-05-2020)

Non foron admitidos os alumnos que presentaron solicitude de praza para:

•5º de Educación Infantil (4 anos)

•4º Educación Primaria

Foron admitidos os alumnos que presentaron solicitude de praza para: 

•4º Educación Infantil (3 anos)

•2º Educación Primaria

•5º Educación Primaria

•6º Educación Primaria

As listas están expostas no taboleiro de Secretaría.

Antes do 26 de xuño de 2020 publicaranse as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

Para calquera dúbida chamar ó centro. Teléfono 881 960 316.

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES ESCOLARES E EXTRAESCOLARES

Seguindo as instruccións da Consellería de Educación, referentes as medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación co covid-19, suspéndense as actividades lectivas no centro dende o 16 ata o 29 de marzo.

Dacordo as novas instruccións en relación co COVID-19, a titorización e atención ao alumnado será por medios non presenciais. Toda a información proveninte do centro ou instruccións que dicte a Consellería serán comunicadas a través desta páxina web do centro.

As actividades programadas para cada nivel publicaranse na páxina web o luns 16 de marzo a partires das 11 da mañá. 

Polo que ao proceso de admisión se refire, amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

No seguinte acceso pódese consultar as recomendacións da Consellería de Sanidad en relación có coronavirus.

BENVIDOS AO NOSO COLEXIO!

Enderezo: Ronda de Outeiro, 211 15007 A Coruña

Teléfono: 881 960 316  

Correo electrónico: ceip.sagrada.familia@edu.xunta.gal

HORARIO DE ATENCIÓN

Secretaría

Horario de atención ao público: 

  • Atención telefónica (881960316): de luns a venres de 9 a 14:00 horas

  • Atención presencial: de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas. Se non pode neste horario solicite cita previa no teléfono 881960316.

Equipo directivo

Horario de atención do director:

  • Atención telefónica (881960317). Cita previa

Horario de atención da Xefa de Estudos:

  • Atención telefónica (881960318). Cita previa

Titorías ou reunións cós especialistas

  • Luns de 16 a 17 horas, previa solicitud de cita.

Orientación

  • Cita previa no teléfono 881960319

COMEZO DO CURSO

AS CLASES COMEZARÁN O DIA 11 DE SETEMBRO

HORARIO DE ENTRADA DO 1º DÍA DE CLASE

EDUCACIÓN PRIMARIA

As 9:00 horas entrarán os alumnos de 2º, 4º e 6º de Educación Primaria pola mesma porta do curso anterior. 

Os alumnos de 5º de Educación Primaria irán ao salón de actos.

As 9:30 entrará o alumnado de 3º de Educación Primaria ao salón de actos.

As 10:00  entrará o alumnado de 1º de Educación Primaria ao salón de actos.

 

EDUCACIÓN INFANTIL

As 9:30 o alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos) polo patio cuberto.

As 10:00 o alumnado de 5º de Educación Infantil (4 anos) polo patio cuberto.

A reunión cos pais/nais do alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) será o xoves 5  as 10:00 horas na sala de audiovisuais.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut