Skip to Content

Actividades,saídas e celebracións

ECOPERCUSIÓN NA AULA

Este curso o alumnado de 3º ciclo participamos de novo no obradoiro de ecopercusión, actividade para  aprender a interpretar diferentes ritmos empregando material de reciclaxe.

MAGOSTO

Álbum: Curso 2023/24 -> Magosto

Non poden faltar os castañeiros o dia de Magosto. As castañas estaban boísimas e todo o alumnado deisfrutou delas así como dos xogos que prepararon os profes de E. Infantil, de Educación Física e alumnos e alumnas de 6º

SAMAÍN OUTUBRO 2023

Álbum: Curso 2023/24 -> Samaín

Corredores cheos de cabazas e aulas con bruxas, trasnos, vampiros, heroes, piratas...asi celebramos o Samain!

Premendo aqui coñeceredes máis sobre o Samaín e todo o que a Bruxa Maruxa e colaboradoras prepararon para esta data.

A IMPORTANCIA DA PREVENCIÓN

Xa comezamos as actividades de prevención e formación no noso centro.

A asociación Ancas en colaboración con Stop Accidentes imparte estes días uns obradoiros e charlas ao alumnado de 3º a 6º sobre seguridade vial, normas de conducción de patinetes, bicicletas, o uso de transportes alternativos ao coche...

Os alumnos de 5º e 6º recibiron unhas charlas da Policia Nacional, enmarcadas no programa Plan Director para a prevención e detección do acoso escolar e uso responsable das redes sociais e os perigos da internet. Esta actividade compleméntanse  cos obradoiros do Concello sobre estes temas.

GRADUACIÓN

Os alumnos de 6º despídense do colexio para iniciar unha nova etapa no instituto. Boa sorte a todos!

CINEMA NA ESCOLA

Álbum: Curso 2022/23 -> Cinema na escola

Noraboa aos nenos e nenas de 6º polos premios acadados na Gala "Cinema na escola" polo corto MZ. Esta gala tivo lugar no Ágora e asistiron todos os centros participantes e representantes do concello  

Agradecemos a colaboración de  Hugh, impulsor deste proxecto , asi como á profe Pili a súa adicación e implicación,  e tamén ás titoras de 6º.  

Se ainda non o viches prema aquí.

Ademais, e para rematar co programa de inclusión da diversidade a través do deporte da fundación ENKI, este alumnado de sexto no mes de abril, disfrutou dunha xornada de deporte adaptado onde experimentaron e coñeceron da man dos propios deportistas diferentes modalidades do mesmo. Pasáronno xenial!!"

 

 

 

PROXECTO MELISA

Álbum: Curso 2022/23 -> Proxecto Melisa

"Acercarte" e a Facultade de Ciencias da Educación da USC únense no proxecto MELISA (Música, Educación, Linguas, Inclusión, Sinestesia e 

Artes) para darlle acceso a persoas da Comunidade Autónoma de Galicia á musica e á arte mediante a reprodución dos grandes cadros da historia da Arte na súa contorna máis próxima.

O noso centro, o CEIP Sagrada Familia, tivo a oportunidade e a primicia na cidade da Coruña de poder ter un espazo exclusivo e un obradoiro para cada grupo  dedicado a dez obras de arte ás que non temos acceso habitualmente. 

Esta experiencia artística desenvolveu no alumnado unha maior sensibilidade ante a obras pictóricas e musicais (estas últimas creadas por Eva Somolinos, a guía das obras de arte) e un achegamento á sinestesia e ás diferentes visións que ten cada un de nós ante as expresións artísticas.

A comunidade educativa acolleu esta proposta con gran satisfacción, e agardamos volver ter a oportunidade de disfrutar desta experiencia en vindeiros anos.

ACTIVIDADES CULTURAIS NO MES DE MARZO

Foron moitas as actividades nas que participamos no mes de marzo: o alumnado de infantil, 2º, 4º e 6º de primaria acudiron á biblioteca do barrio, o de 3º a 6º de primaria a un concerto no Palacio da Ópera, os de 4 anos, 1º e 2º ao Castelo de San Antón, 3º ao Museo de Belas Artes, os de 4º á Fundación Jove, 1º aos Xardíns de San Carlos, 2º á ruta Tesouros de María Pita, 5º áo itinerario Prazas con poder, 6º ao itinerario A Coruña Praza Forte do reino...

     
   

Ademáis na biblioteca do colexio recibimos a visita da escritora Érica Esmoris co seu libro patio de luces.

    

ENTROIDO 2023

Álbum: Curso 2022/23 -> Entroido

Toda a comunidade educativa disfrutamos dun marabilloso festival de Entroido (todas as fotos no album superior e na galería de fotos). O fío condutor era"A VOLTA AO MUNDO NAS NOSAS 23 NACIONALIDADES" , proxecto impulsado dende a  Biblioteca do centro e que podedes seguir no blogue da biblioteca e o Instagram " A biblio de Maruxa"

Distribuir contido


by Dr. Radut