Skip to Content

Actividades,saídas e celebracións

ESCRITORES NA BIBLIOTECA

Estes días poidemos coñecer os autores e autoras dos libros que estamos a ler no Plan lector. Contáronnos moitas cousas sobre como escribiron as historias e ademáis asináronnos os libros.

O MECO MANDA

COMEZA O ENTROIDO!

O meco manda, o meco ordena e se non o cumpres pagarás condena. Se ao meco non queres angustiar, o luns algo na cabeza tes que levar.  O martes traerás no pescozo algo quente. O mércores todos temos que vir cos pés quentiños e con cadanseu calcetín, pero por riba do pantalón terán que vir. O xoves traerás todo xunto.   

O 30 de xaneiro, Dia escolar da paz e non violencia, todo o colexio disfrutamos da actuación "Canto contigo" de Paco Nogueiras no pavillón. Todos xuntos cantamos a canción "Apertas que voan".

   

MERCADILLO NAVIDEÑO

"Invitamos a toda a comunidade escolar do noso centro a visitar o mercadillo navideño que terá lugar o día 15 de decembro de 17:00 a 19:00 no patio cuberto do noso centro. ENTRADA GRATUÍTA
Toda a información no blogue do ANPA 
 

PREPARANDO A CARREIRA ENKI

 Este Nadal celebraremolo movendonos como cada ano coa carreira ENKI! Ide quentando motores que falta pouco...

 

ECOPERCUSIÓN NA AULA

Este curso o alumnado de 3º ciclo participamos de novo no obradoiro de ecopercusión, actividade para  aprender a interpretar diferentes ritmos empregando material de reciclaxe.

MAGOSTO

Álbum: Curso 2023/24 -> Magosto

Non poden faltar os castañeiros o dia de Magosto. As castañas estaban boísimas e todo o alumnado deisfrutou delas así como dos xogos que prepararon os profes de E. Infantil, de Educación Física e alumnos e alumnas de 6º

Distribuir contido


by Dr. Radut