Iniciar sesión: Acceso

Pais/Nais

Videoteca

Lingua galega

25º ANIVERSARIO

O CLAUSTRO DE PROFESORES INFORMA

 O  claustro de CEIP Sagrada Familia, como parte importante da Comunidade Educativa do centro e preocupado por desenvolver unha educación de calidade, na que inflúe non só a profesionalidade do persoal, os recursos e a metodoloxía, senón tamén a disponibilidade de espazos seguros, accesibles e axeitados, tal e como recolle a LOMCE no parágrafo primeiro ( “...un sistema educativo de calidade, inclusivo, que garanta a igualdade de oportunidades e faga efectiva a posibilidade de que cada alumno e alumna desenvolva ao máximo as súas potencialidades”),  quere expoñer, ás autoridades competentes, a súa posición ante os acontecementos que están tendo lugar no seu centro de traballo.

Ampliación do comedor escolar: manifesta que en ningún momento se opón a ampliación do comedor escolar pero si a considera  precipitada. Pensa que é unha ocasión excepcional para facer, por parte do servizo técnico da Delegación, un estudo detido para atoparlle a mellor ubicación posible. A súa situación actual no 1º andar, incumple as normas de eliminación de barreiras arquitectónicas(“...recoñécese que a  accesibilidad á contorna ofrece oportunidades de mellora, ao dotar de condicións axeitadas aos postos de traballo, centros escolares, establecementos, comercios, espazos culturais, transportes, produtos e servizos. Uns maiores niveis de accesibilidade proporcionan máis actividade produtiva, especialmente de renovación, de innovación e deseño, e incrementan o número de usuarios que, sin condicións favorables, no poderían participar” LEI 10/2014, de 3 de dicembro, de accesibilidade. ) e faría practicamente imposible ( ao non dispor o centro dun ascensor), o acceso de persoas con dificultades de mobilidade. Ademais, os ocos dos pasamáns das escaleiras non están adaptados ao alumnado de Educación Infantil. Proponse facer un estudo pormenorizado dos espazos dispoñibles e incluso pensar nunha reorganización do centro, cumprindo a lexislación vixente segundo o código técnico de edificación   

LER MÁIS

AdxuntoTamaño
Escrito claustro á consellería.pdf345.59 KB