Skip to Content

Secretaría, Admisión e matriculación, Libros de texto, Impresos

AUTORIZACIÓNS

  • AUTORIZACIÓN PARA RECOLLER AO ALUMNADO
  • AUTORIZACIÓN SAÍDA ALUMNOS 5º E 6º

COMEZO DO CURSO 2020-2021. INFORMACIÓN IMPORTANTE

Comezamos un novo curso, diferente a todos os anteriores e marcado pola situación sanitaria actual. Haberá cambios que nos afectarán a todas as familias e profesorado, polo que a colaboración e apoio de toda a comunidade educativa vai ser fundamental pensando sempre no ben dos nenos.

A continuación detállase toda a información referida ao comezo do curso. Ademais o titor poñerase en contacto para informarlle das reunións de titoría.

Seguindo as instrucións da Consellería, o inicio do curso será escalonado en dous días.

DIA10 DE SETEMBRO

CURSO

ENTRADA

SAÍDA

5º DE E.INFANTIL             

Ás 11:00

Ás 13:20

1º DE E. PRIMARIA

Ás 10:30

Ás 13:40

2º DE E. PRIMARIA

Ás 10:00

Ás 13:50

3º DE E. PRIMARIA

As 9:30

As 13:40


11 DE SETEMBRO

CURSO

ENTRADA

SAÍDA

5º DE E.INFANTIL       

Ás 11:00’

Ás 13:20

6º DE E.INFANTIL              

Ás 10:45

Ás 13:30

1º DE E. PRIMARIA

Ás 9:00

As 13:40

2º DE E. PRIMARIA

Ás 9:00

Ás 13:50

 3º DE E. PRIMARIA

Ás 9:00

As 13:40

4º DE E. PRIMARIA

Ás 10:00

Ás 13:50

5º DE E. PRIMARIA

Ás 9:45

Ás 14:00

6º DE E. PRIMARIA

As 9:30

Ás 14:00

 As reunións de inicio de curso cós titores adiántase aos días 8 e 9 de setembro. No cadro están os grupos de cada día. O titor poñerase en contacto para informarlle da quenda que lle corresponde. 

Soamente pode acudir un proxenitor por neno, con mascarilla. Pregámoslles puntualidade e a evitación de aglomeracións sobre todo na entrada e saída entra das quendas.

  

 

MARTES 8 DE SETEMBRO

MÉRCORES 9 DE SETEMBRO

 1ªQUENDA 16:00 h

 APERTURA PORTAS

 15:50 h

 4º e 5º E.Infantil  en patio cuberto

 1º e 2º  E.Primaria en patio columnas

 3º de E.Primaria en puerta principal

 6º E.Infantil en patio cuberto

 4º E.Primaria en puerta principal

 5º e 6º E.Primaria en patio columnas

 6º E.Primaria en patio columnas

 2ª QUENDA 17:15

 APERTURA PORTAS 

 17:05 h

4º e 5º E.Infantil  en patio cuberto

1º e 2º  E.Primaria en patio columnas

3º de E.Primaria en puerta principal

 4º E.Primaria en puerta principal

 5º E.Primaria en patio columnas

 6º E.Primaria en patio columnas

COMEZO DO CURSO 2020-2021

O inicio das clases terá lugar o dia 10 de setembro, cun horario adaptado de entrada e saída que se concretará  na primeira semana do mes de setembro.

Esta información e outras relacionadas coa situación actual serán comunicadas a través desta canle previo aviso na aplicación abalar móbil.

LISTA PROVISIONAL DE AXUDAS FONDO LIBROS

Infórmase que a lista provisional de axudas ao fondo libros publícase no taboleiro da entrada principal, á dereita, o martes dia 7 de xullo de 2020. Haberá dous dias para reclamar.

A lista definitiva do fondo libros publicarase no mesmo lugar o luns día 13.

A recollida dos cheques levarase a cabo na secretaria do 13 o 15 de xullo no horario habitual de 10:00 a 13:00.

Despois desta data poderanse recoller os cheques a partir do martes 1 de setembro no horario habitual do centro.

Os libros repartiranse os alumnos polos seus titores no mes de setembro.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2020/21

Recórdase que do 1 ao 10 de xullo, os alumnos que obtiveron praza para o vindeiro curso DEBEN FORMALIZAR a matrícula na secretaria do centro no horario de 10:00 a 13:00.

Para a formalización da matrícula é preciso:

(Os impresos pódense recoller na secretaría ou descargar premendo sobre eles)

*Se entregaron as fotocopias no proceso de admisión, non é necesario volver a entregalas.

** Debe cotexar todos os documentos amosando os orixinais

REMATE DO CURSO E LISTADO LIBROS TEXTO E MATERIAL CURSO 2020/2021

Hoxe, oficialmente, remata o curso. Todo o equipo do cole querémonos despedir de vós con este vídeo e desexarvos unhas felices vacacións.  Tamén pódelo ver en VIMEO

Acordámonos especialmente dos alumnos de 6º, da súa graduación, coa entrega da orla e discursos das titoras e compañeiros. Ante a imposibilidade de facela presencial, ao premer sobre a primeira imaxe poderase ver a orla e ao premer sobre a segunda (pinchando sobre o texto de cada curso) o  discurso e video de despedida. 

           

LISTA DO MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO:

*As familias que teñan solicitado axudas de material e libros estade pendentes da publicación do listado provisional no centro (7 de xullo) e definitivo (13 de xullo).

ÁS INSTRUCCIÓNS PARA A  ENTREGA DO MATERIAL AOS TITORES DARANSE OS PRIMEIROS DE SETEMBRO A TRAVÉS DA PÁXINA WEB. 

 

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO

LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO - CURSO 2020 - 2021 

 (22-05-2020)

Non foron admitidos os alumnos que presentaron solicitude de praza para:

•5º de Educación Infantil (4 anos)

•4º Educación Primaria

Foron admitidos os alumnos que presentaron solicitude de praza para: 

•4º Educación Infantil (3 anos)

•2º Educación Primaria

•5º Educación Primaria

•6º Educación Primaria

As listas están expostas no taboleiro de Secretaría.

Antes do 26 de xuño de 2020 publicaranse as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

Para calquera dúbida chamar ó centro. Teléfono 881 960 316.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E RECOLLIDA DE MATERIAL DOS ALUMNOS

Dada a situación excepcional que vivimos, imos establecer unha serie de medidas para facer estes trámites de maneira segura.

O profesorado de centro contactará coas familias para asignarlles unha cita no colexio, á que deberá acudir para recoller o material dos seus fillos e recibir unha nova cita para tramitar a axuda de libros na Secretaría do centro.

AXUDAS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. Prazo de entrega ata o 19 de xuño.

Lembrámoslle a abriga de acudir ao centro con mascarilla e bolígrafo.

Ante calquera dúbida, contactar có centro no teléfono 881 960 316

¡¡¡AVISO IMPORTANTE!!!

Comunícase que se reactiva o prazo de admisión do alumnado para o curso 2020/21 dende o 11 ao 18 de maio, ambos os dous incluídos (Orde publicada no DOG do 6 de maio).

Para poder atender a este trámite e debido ás circunstancias actuais, as persoas interesadas deberán concertar obrigatoriamente cita previa, chamando a partires do día 11 ao teléfono 881 96 03 16 en horario de mañá de 09:30 a 14:00 horas de luns a venres. Dita cita tamén se solicitará para calquera outro procedemento administrativo (certificados de matrícula, de escolaridade...). 

Descarga do formulario de reserva de praza

Lembramos o alumnado de sexto de Educación Primaria que non teña solicitada praza nun IES, que este prazo de presentación de documentación tamén é para eles.

Fóra destes trámites, o centro permanecerá pechado ata novo aviso.

Tampouco se atenderá a ningunha persoa que non teña concertada cita previa.

Para poder realizar este procedemento coas maiores medidas de seguridade, rogamos acuda ao centro unha única persoa con mascarilla, luvas e bolígrafo (calquera dúbida a este respecto coméntea no momento de chamar para solicitar cita).

Novos prazos do procedemento

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

Calquera outra novidade (Fondo de Libros...) será debidamente informada a través desta canle.

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES ESCOLARES E EXTRAESCOLARES

Seguindo as instruccións da Consellería de Educación, referentes as medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación co covid-19, suspéndense as actividades lectivas no centro dende o 16 ata o 29 de marzo.

Dacordo as novas instruccións en relación co COVID-19, a titorización e atención ao alumnado será por medios non presenciais. Toda a información proveninte do centro ou instruccións que dicte a Consellería serán comunicadas a través desta páxina web do centro.

As actividades programadas para cada nivel publicaranse na páxina web o luns 16 de marzo a partires das 11 da mañá. 

Polo que ao proceso de admisión se refire, amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

No seguinte acceso pódese consultar as recomendacións da Consellería de Sanidad en relación có coronavirus.

Distribuir contido


by Dr. Radut