Programa TEI: Correspondencia entre titores e titorizados

A Comunidade Educativa debe priorizar a mellora da convivencia dentro dos seus principios fundamentais e artellar medidas e accións encamiñadas á prevención do acoso. Aprender a respetarnos, aprender a ser, aprender a estar, aprender a convivir é un dos piares  da nosa escola.

Desde o curso 2017-2018 o noso centro participa no Programa TEI (Tutoría Entre Iguais) que ten como obxectivo mellorar a convivencia no centro e previr o acoso escolar.
Durante este curso realizaouse a formación específica  do alumnado de 5º e 3º e foron moitas as actividades conxuntas realizadas para a cohesión das parellas. Pero o verdadeiro valor deste programa reside no día a día, no apoio que o alumnado máis pequeno recibe do seu titor de 5º, da amizade e unión que se orixina entre as parellas e a aprendizaxe conxunta na resolución de conflitos e en aprender a convivir, saber escoitar, expoñer as súas inquedanzas, comprender,  xestionar os enfados, buscar solucións pacíficas aos conflitos, rexeitar o abuso, denunciar as accións contrarias á convivencia, respetar, confiar, apoiar, dar seguiridade...
 
Levamos moitos días na casa pero a preocupación dos titores por saber como estaban os seu titorizados continuaba. Así que tiñamos que seguir adiante co Programa, a pesar da distancia e comezou un intercambio de cartas entre uns e outros. Se pinchades na imaxe poderedes ler algunhas delas.


 
Seguiremos  a traballar en prol da convivencia e sensibilizar á comunidade educativa sobre o acoso escolar, as súas consecuencias e procurar solucións de carácter preventivo.