Proxecto MIS+: Visita de Cristina Cao e Susú Cores
Enviado por admin o Xov, 12/12/2019 - 20:13
No día de hoxe recibimos unha dobre visita. Por unha banda, a remeira Cristina Cao (carta de presentación) compartiu a súa experiencia no mundo do deporte co alumnado de EI. Por outro, a adestradora de fútbol Susú Cores, primeira muller en adestrar un equipo masculino de rexional preferente en Galicia, conversó cos nenos e nenas de terceiro ciclo de EP.
Ambas achegaron as súas disciplinas, tradicionalmente masculinas, a todo o alumnado e reafirmaron a idea de que o deporte pode ser unha ferramenta poderosa para a consecución da igualdade.