Visita Afundación

O venres 15 de novembro os nen@s de 3º e 4º curso de Primaria visitaron Afundación nunha actividade titulada "O noso planeta Netflix" na que se concienciaron da importancia de coidar o noso planeta para que siga estando nas mellores condicións posibles durante moitos anos.Fixeron un taller e visitaron a exposición que foi explicada mediante un conto moi interesante.Foi unha gran experiencia.