ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2017-2018: RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO.

Segundo se contempla na Orde de 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos,  artigo 10.2 o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como anexo I(formulario normalizado ED550A).  Tamén se poderá realizar a reserva través da aplicación admisionalumnado  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ ).

Aquelas familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán presentar o impreso debidamente cuberto no noso centro

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. O prazo de presentación da reserva de praza será do 1 ao 15 de febreiro.

ANEXO I