Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Concurso escolar ONCE para asociacións

Dende a FAPA Ourense, como membros da CEAPA, achégannos esta iniciativa para animar ás familias a participar neste concurso. CEAPA colabora coa ONCE e o seu Concurso escolar, fomentando a participación das familias na accesibilidade dos centros educativos, mediante a creación dunha nova categoría (F) destinada ás asociacións de nais e pais. 

Só temos que propor un proxecto que promova a inclusión no noso centro escolar. O prazo de presentación remata o 31 de marzo. O mellor proxecto recibirá un premio de 3.000 € para facelo realidade. 

Para poder formar un grupo de traballo e participar no concurso, as persoas interesadas que o comuniquen ao correo electrónico da AFA (anpaceipsacoearce@hotmail.com) antes do 28 de febreiro. 

Para ampliar a información, pódese consultar a web do concurso:

 https://www.concursoescolaronce.es

 

 



page | by Dr. Radut