Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Entroido: A volta ao mundo con Efrén

O Entroido é unha das celebracións máis divertidas e con maior tradición no noso cole. Hai festa cada día:

Fotos na Galería de Imaxes

1.- Durante a semana que celebramos o Entroido vimos disfrazados cada día segundo o que mande Efrén. Estes foron os mandados:

“Dando a volta ao mundo fómonos acostumando aos cambios que supoñen as viaxes:

CAMBIO de hora…

CAMBIO de moeda

CAMBIO de idioma…

Queres Cambios??? Toma Cambios…

Tranqui que non teñen porque ser permanentes!!”

FARTOS DE ESCOITAR

SEMPRE O MESMO…

EU QUERO CAMBIAR

HOXE PROPOÑO

UN CAMBIO RADICAL!

ROUPA DO REVÉS

O LUNS VESTIRÁS

COMBINANDO SHOES AND SOCKS

DE XEITO ORIXINAL.

UN CAMBIO DE SEXO,

TERÁ LUGAR O MARTES

OS MESTRES…

PARECERÁN MESTRAS

E OS RAPACES, RAPAZAS

VEN AO COLE ESTE DÍA,

CUNHA NOVA IMAXE

 A CAUSA DA CRISE

REDÚCENSE OS MESTRES

NECESITAMOS NOVOS DOCENTES

PARA DAR CLASE O MÉRCORES.

 

 

 SE QUERES SER PIRATA,

CANTANTE DE ROCK,

BAILARINA OU PANTASMA

O XOVES É O TEU DÍA

VEN AO COLE

CON CALQUERA PINTA

2.- Tamén corremos os Compadres e as Comadres, símbolo da tradicional loita entre sexos.

O primeiro xoves os nenos terán que quitarlle os compadres ás nenas e no seguinte xoves as nenas terán que quitarlle as comadres aos nenos. Botamos unhas carreiras e liberamos un montón de adrenalina.

3.- A festa remata cun gran desfile ao que tamén veñen nais e pais, antigos alumn@s... Cada clase disfrázase de algo típico do país que representa. Tendo como base musical a canción Ven viaxar connosco da Orquestra Mondragón, reescribimos a letra da canción adaptada á cada país. 

- Cada clase preparou unha coreografía para o desfile. 

ESPAÑA: O Quixote de Cervantes 

AUSTRALIA: Aborixes

EXIPTO: Momias e Faraóns

 

FRANCIA: Bailando o Can-Can no Moulin Rouge

ALEMAÑA: Xerras de cervexa

O BRASIL: O Sambódromo e a Capoeira

A INDIA:Actores e actrices de Bollywood O XAPÓN: Delegación xaponesa en Toén
   

 

Tamén houbo un Combate… de coñecementos. Os da India & Xapón. Cada clase demostrou os  coñecementos de cultura xeral referidos ao outro país.

Nas clases elaboraron unha batería de preguntas con respostas curtas de 1 ou 2 palabras sobre cadanseu país. Sobre o tatami, cada grupo tiña que formar a resposta con letras maiúsculas, empregando só o corpo e en sentido horizontal -no chan-.

SOUTO DOS LARETAS. Combate de Coñecementos. Preguntas para a India

SOUTO DOS LARETAS. Combate de Coñecementos. Preguntas Para Xapón



page | by Dr. Radut