Skip to Content

Actividades

Día do libro 2018

Hoxe, como cada 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro.

Fixemos unha actividade que nos encanta. De 3º a 5º apadriñamos a un neno/a ao que lle lemos un conto escollido por nós.

Este ano tivemos moita sorte,  fixo un día marabilloso así que puidemos gozar da lectura ao aire libre.

Ao rematar os nosos "afillados" agasalláronnos cun marcapáxinas de "Sabela viaxa no tempo" moi chulo.

Tamén fixemos un minilibro sobre os castros.

Lembra: “Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que espera; esquecido, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora”.
Proverbio Indú.

 

 

 

Día Internacional Muller e Nena na Ciencia

O 11 de febreiro, co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, no cole fixemos un pequeno vídeo para concienciar de que as nenas podemos dedicarnos a calquera cousa que nos propoñamos.

Podes coñecer mulleres científicas e máis datos desta iniciativa nos seguintes enlaces:

Obradoiro de galletas Prehistóricas ; Marta nai de Sara M

Samaín, Halloween

Convertémonos en periodistas

Quen no lo ía dicir? Este curso imos converternos en xornalistas e para saber como tiñamos que facer, o importante que é un bo titular ou unha boa fotografía viñeron os responsables do programa, Bruno Rodríguez e Sonia García, acompañados da redactora María López e o fotógrafo Iñaki Abella da delegación de Arousa de Faro de Vigo.

Nesta visita aprendemos moitísimo, dende a importancia que ten un titular para chamar a atención do público, como a elección das noticias que se publicarán por ter maior repercusión. Ademais fixémonos conscientes do necesario que é contrastar unha noticia antes de publicala, pois todos os días o len miles de persoas tanto en papel coma na versión dixital.

E agora tocanos a nós poñernos mans á obra e escribir o Faro do noso colexio!

 

 Faro de Vigo 11/10/2017

Faro de Vigo 08/11/2017

 

Refráns do Magosto

Este ano dende o Equipo de dinamización lingüística propuxeron recopilar refráns sobre o Magosto e o Outono, pensaban que só íamos atopar un par deles pero non se decataron de que ás familias de Rubiáns lle encantan os retos. Mirade, mirade cantos atopamos!!

Guardar

As nosas receitas do mar

Xa podedes disfrutar das riquísimas receitas que trouxéchedes ao colexio. Cal estará máis rica? Probádeas todas e comentade as vosas preferencias.


 

Se aínda queres coñecer máis recetas visita:

   
   

 

Se queres saber moito máis podes descargar a aplicación NON PIQUES NON PEQUES:

Grazas a esta app poderás descubir as mellores épocas do ano para comprar e consumir peixe e marisco de Galicia, identificarás dun xeito sinxelo e moi rápido os tamaños permitidos e tamén poderas coñecer as especies do noso mar!

Podes descargala gratuitamente dende:

 

Guardar

Guardar

O Chef de Rubiáns

O venres celebramos o Día Europeo do Mar por todo o alto. Comezamos coa lectura duns poemas do poemario "Poemar o mar" de Antonio García Teijeiro mentres viamos unhas imaxes do mar. Despois, tivemos a oportunidade de ver como Richard (presidente de AHITUVI) cociñaba uns mexillóns salteados con verduriñas, mexillóns á vinagreta e polbo á grella con cebola caramelizada.

Seica a mellor maneira de animarnos a consumir produtos do mar é dándonolos a probar, así que para rematar puxémonos as botas cos pratos que nos cociñaron os nosos compañeiros maiores: polbo á feira, mexillóns á vinagreta, tostas de xoubiñas e tostas de atún con maionesa. Que rico estaba todo!

Estámoslles moi agradecidos ás empresas e entidades que colaboraron para que esta actividade fose posible: Mariscos Gilmar, Mexillón de GaliciaConservas Roma  e AHITUVI entre outros.

 

Repercusión nos medios.

Faro de Vigo

La Voz de Galicia

Letras Galegas17

Imaxes do mural de Carlos Casares

Para conmemorar as Letras Galegas 2017 visitou o cole Luis Vallecillo que co seu espectáculo "O mundo de Carliños" fixo un percorrido polas personaxes máis coñecidas das obras do autor homenaxeado este ano: Carlos Casares.

Pasamos un rato moi agradable cantando e bailando con Luis e Carliños.

Guardar

Distribuir contido


by Dr. Radut