Skip to Content

Ruth Harkness

Actividades da promoción de 2010

Falamos de ciencia?

Sabes que o galego serve para todo? Demostrámolo falando de ciencia.

"La puerta violeta"

As nosas recomendacións

Listaxe de material 6º 18-19

Lembramos a necesidade de reutilizar todo o material que sexa posible e mercar só o necesario.

 

 

Un día moi completiño

Comezamos cunha viaxe un tanto especial, e é que desta vez no canto de ir en autobús iamos viaxar en tren para chegar á capital de Galicia.

A primeira parada foi no Parlamento, onde coñecemos o edificio, as diferentes salas, as bibliotecas e despachos... Pero o máis importante de todo foi que entendemos o funcionamento desta Institución e dende o hemiciclo puidemos ver as cousas dun xeito un pouquiño diferente. Ademais da guía, tivemos a sorte de que parte da visita fixémola acompañados por Dª. Marta Rodríguez Arias, que nos puido aclarar cantas dúbidas ían xurdindo.

E bulindo, bulindo marchamos cara o Museo do Pobo Galego, onde iamos observar embarcacións e diferentes elementos da pesca que nos fixeron lembrar o proxecto do curso pasado, así coma roupas, elementos de vivendas, escolas e oficios de antano...

E sen descanso na nosa peregrinaxe pola cidade chegamos á Catedral de Santiago, onde puidemos observar diferentes elementos arquitectónicos e artísticos, así como descubrir algunhas curiosidades coma a función do botafumeiro.

Despois de comer e xogar un pouco no parque, entramos no Museo de Historia Natural e, aínda que pareza incrible case nos chamou máis a atención a colección de minerais que todos os animais que alí había.

 

Convertémonos en periodistas

Quen no lo ía dicir? Este curso imos converternos en xornalistas e para saber como tiñamos que facer, o importante que é un bo titular ou unha boa fotografía viñeron os responsables do programa, Bruno Rodríguez e Sonia García, acompañados da redactora María López e o fotógrafo Iñaki Abella da delegación de Arousa de Faro de Vigo.

Nesta visita aprendemos moitísimo, dende a importancia que ten un titular para chamar a atención do público, como a elección das noticias que se publicarán por ter maior repercusión. Ademais fixémonos conscientes do necesario que é contrastar unha noticia antes de publicala, pois todos os días o len miles de persoas tanto en papel coma na versión dixital.

E agora tocanos a nós poñernos mans á obra e escribir o Faro do noso colexio!

 

 Faro de Vigo 11/10/2017

Faro de Vigo 08/11/2017

 

A guerra dos números

O alumnado de 4º curso participamos no Proxecta "Nós tamén creamos"

Tiñamos que escoller unha historia, entre todos os contos que nos presentaron e facer unha curta coa técnica de stop motion.

Escollemos "A guerra dos números" de Juan Darién pero como este curso estamos inmersos no Mar de Sabela os nosos números non podían ser só números, e convertémolos en peixes!!!

Traballamos moito na adaptación do guión, na elaboración das personaxes e sobre todo facendo fotos; fixemos miles!!!

Esperamos que vos guste o resultado.

Making of de como fixemos a curta:

Guardar

O mexillón

No mes de marzo o protagonista é o mexillón!

Por iso investigamos e buscamos información sobre este molusco. Como aprendemos tantas cousas sobre este animaliño, algúns alumnos moi curiosos decidiron dar un paso máis e completar os traballos de investigación con outras producións. 

Paulo, construiu unha batea con materiais de refugallo: corchos, paus de xeado e fíos. Os seus mexillóns están encantados, cámbialles cada día a auga do mar!!

Laura tamén fixo unha batea. Empregou escarvadentes, finas láminas de madeira, lá e plásticos dos ovos de chocolate. Ademais trouxo utensilios do seu microscopio e diseccionou un mexillón. 

Cada neno dispuxo do seu mexillón. Só nos faltou a degustación! 

Gozamos moito con estas experiencias. Esperamos que a vós tamén vos gusten. 

Distribuir contido


by Dr. Radut