Skip to Content

Taboleiro

Anuncio Publicitario

As Consellerías de Mar e Medio Ambiente van presentar unha campaña publicitaria para concienciar sobre o uso de plástico e os seus residuos. Tras realizar o PDI o mar de Sabela e continuar traballando o Medio Ambiente propuxéronnos que os nenos e nenas que saian no anuncio sexan do noso cole. E como iamos dicir que non?

Aquelas familias interesadas en que os seus fillos/as participen nesta campaña deberán remitir un vídeo presentándose e falando á cámara á empresa que o vai levar a cabo ao longo desta semana, para comezar a grabación a semana do 16. 

Podedes completar a información nos documentos adxuntos, consultar no centro ou no correo da propia empresa: rita@somos100x100.es

CONCURSO: O CENTENARIO

Está a piques de rematar un ano moi importante para Vilagarcía. O ano no que se celebra o centenario da súa fusión cos Concellos de Carril e Vilaxoán.

O Concello realiza un concurso infantil con dúas variantes. Por unha banda, un concurso de debuxo para o alumnado de 1º a 4º de EP, e por outra, un concurso de redación para o alumnado de 5º de EP a 2º da ESO.

O prazo de entrega remata o 31 de xaneiro.

COLABORAMOS COA FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA

Un ano máis colaboramos coa Fundación Amigos de Galicia coa entrega de alimentos para axudar ás familias máis necesitadas.

A prensa recolleu a entrega dos alimentos. Podedes ver a nova que publica o Faro de Vigo.

 

THE DAY OF THE DINOSAUR

Ata o 19 de xaneiro temos a posibilidade de gozar en IFEVI (Vigo) de 200 réplicas de Dinosauros animatrónicos (con movemento e voz accionados con células fotoeléctricas). Destes 200 Dinosauros, 50 deles son réplicas a tamaño real entre as que non falta o temido e coñecido Tyrannosaurus Rex. Podedes atopar  aquí a información da exposición.

CULTURGAL 2013

Culturgal é a gran Feira das Industrias Culturais; celebrarase este venres 29, sábado 30 de novembro e domingo 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Adxunto atoparedes o variado programa de actividades infantís e xuvenís que se desenvolverán ao longo dos tres días que dura a Feira.

Ademais, podedes acceder á programación completa do Culturgal a través do seguinte link:
http://culturgal.com/programacion-culturgal-2013/

OS AXÓUXERES

"Os Axóuxeres” traerán o teatro e a música en galego para nenos ata 6 anos a Vilagarcía de Arousa. O domingo poderase desfrutar no Auditorio a partir das 18:30 horas.

CONTACONTOS CHÍMPATE PEPA

Dende o Parque Natural das Illas Atlánticas convidan a todos os rapaces e rapazas docentro á representación do contacontos "Chímpate Pepa" que se presentará por primeira vez este Sábado día 23 de novembro no Centro de Visitantes do Parque Nacional en Vigo, ás 17 h.

CONCURSO DE DEBUXO PARA PEQUENOS ARTISTAS

O Ilustre Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra celebra este ano o seu 175º Aniversario. Por este motivo programaron distintas actividades, entre elas este concurso de debuxo.

CONCURSO CIENCIA QUE CONTA

Estas son as bases do concurso de relatos A ciencia que conta.

Concurso de deseño do cartel da Cabalgata de Reis 2014

Podedes consultar aquí as bases do concurso para a elección do cartel da Cabalgata de Reis.

Distribuir contido


by Dr. Radut