Skip to Content

Comunicado sobre a entrada ao centro educativo

En resposta ao comunicado enviado onte pola ANPA e ás diferentes queixas recibidas por parte dalgunhas familias, dende o centro educativo queremos aclarar que a nosa resposta no consello escolar foi que se estudaría unha solución, en ningún momento se deu unha negativa rotunda, como figura na acta enviada por correo electrónico a todos os membros do consello escolar e da cal non houbo alegacións.

Despois do consello escolar, comunicámonos co inspector para informarlle da situación e consultarlle de que forma actuar. A resposta non chegou ata o pasado xoves e nela recalcounos que o centro ten autonomía para tomar este tipo de decisión, apoiando en todo momento a resolución adoptada.

Aínda así, seguimos estudando posibles solucións, e en ningún momento se transmitiu dende o centro a negativa a facelo.

O profesorado só ten a obriga de vixiar ao alumnado transportado polo que todo aquel alumnado que chegue ao centro antes da hora de entrada (09:50h), ten que estar supervisado pola persoa responsable que o trae ao centro, NON se pode deixar ao alumnado só, sen supervisión mentres non soe o timbre de entrada. Recordamos que a ANPA oferta o servizo de Plan Madruga para todo aquel alumnado que teña que chegar antes da hora ao centro educativo.

Entendemos o descontento das familias, pero os motivos do claustro de facelo desta maneira son perfectamente válidos e argumentados, xa que houbo algún contratempo en anos anteriores. A nosa intención en todo momento foi evitar posibles problemas de convivencia durante a entrada, non provocar un conflito entre familias e escola.

Despois de falalo con inspección educativa e de estudalo en profundidade, finalmente tiñamos previsto cambiar a nosa decisión, pero non chegamos a tempo de comunicala antes de que se difundira unha mensaxe que non se axusta á realidade.

Nos tivera gustado que antes de facer ese tipo de afirmacións, alguén se puxera en contacto co centro para informarse de como se estaba a desenvolver este asunto.

Como diciamos anteriormente, a partir da publicación deste comunicado, as familias poderán acceder ao recinto escolar, coa posibilidade de usar o patio cuberto dianteiro e a parte frontal do patio, diante da entrada. Sempre sen obstaculizar o paso do alumnado transportado, que esperará dentro do centro, como se viña facendo ata agora e SEMPRE acompañando ao alumnado non transportado ata a hora de entrada.

Sen máis, recibide un cordial saúdo,

O Equipo directivo.

Comentarios

Enviar un comentario novo



page | by Dr. Radut