Skip to Content

Prazo para a Reserva de praza no IES de adscrición

 

Informamos ás familias do alumnado de 6º de Primaria que comezou o prazo de Reserva de praza no IES de adscrición IES ARMANDO COTARELO VALLEDOR (Vilaxoán).

O alumnado deberá traer correctamente cuberto e o antes posible o formulario de reserva de praza co fin de poder realizar dende o centro a reserva telemática correspondente (esta remata o 8 de febreiro).

No caso do alumnado que non teña previsto cursar a ESO no IES de adscrición, terá que agardar a presentar de xeito presencial o formulario correspondente no IES escollido a partires do 1 de marzo. Enviaremos a información necesaria antes desta data de comezo de presentación de solicitudes de admisión.

         O alumnado que ten reservada praza nun centro, se vai presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Comentarios

Enviar un comentario novo



page | by Dr. Radut