Skip to Content

Solicitude do fondo solidario de libros de texto e axuda para a adquisición material escolar.

A Consellería de Educación ven de publicar a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B). (DOG do 20 de Maio de 2021), que regula:

a) Fondo solidario de libros de texto: 3º, 4º, 5º e 6º  de EP e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.

 b) Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de EP e EE.

 c) Axudas para adquirir material escolar: EP, ESO e EE.

 d) Axudas para adquirir material escolar: Cursos de E-DIXGAL

 

Presentarase unha única solicitude para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22.

                                                                 LER MÁIS

PRAZO DE PRESENTACIÓN de solicitudes: do 21 de maio ao 22 de xuño.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN:

  • PREFERIBLEMENTE por vía electrónica a través de:

- A aplicación informática (https://www.edu.xunta.es/fondolibros). Manual do usuario.
- A sede electrónica da Xunta de Galicia(http://sede.xunta.gal)

  • Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente nos centros ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

DOCUMENTACIÓN

 a) ANEXO I e II debidamente cumprimentado (de non ser suficiente o espacio previsto no anexo II deberanse cubrir e enviar tantos anexos como sexan necesarios). Adxúntanse indicacións para cubrir a solicitude.

Xunto coa solicitude presentarase orixinal e copia da seguinte documentación:

b) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, non coincide coa reflectida no libro, acreditarase o número de membros da unidade familiar mediante documento válido.

c) Outra documentación acreditativa.

 

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN NA ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN

Atendendo ao protocolo COVID do centro establécese o seguinte para a entrega de documentación:

  • A atención ás familias realizarase en horario de 10:00 a 14:00 sempre con cita previa, que poderán solicitar a través de:

- Teléfono: 886 151 853
- Correo electrónico: ceip.rubians@edu.xunta.es

  • É preciso traer máscara para entrar no centro.
  • As familias seredes citadas en intervalos de 15 minutos. Prégase puntualidade para evitar contacto entre familias. Só poderá acudir unha persoa a entregar a documentación.
  • Realizarase a entrega da documentación na fiestra de conserxería e estaremos separados pola ventá que temos debidamente habilitada.
  • No caso de non ter rematado coa familia anterior deberedes esperar fóra a serdes atendidas.
  • Disporedes de hidroxel para empregar antes de entregar a documentación e tras recoller  o xustificante de entrega.
  • A Xunta estableceu que os usuarios dos edificios administrativos non poden empregar o material de oficina dos empregados públicos, polo que deberedes traer un bolígrafo por se fose preciso cumplimentar ou asinar algo que quedase pendente. Tamén recomendamos que consultedes toda a información que precisedes por vía telefónica ou correo electrónico para que a documentación estea correcta.
  • Non esquezades asinar correctamente os documentos (a solicitude e as autorizacións de comprobación de datos -lembrade que as casillas dos nenos deben vir asinadas polo proxenitor que autoriza a súa comprobación).

 

 Podedes consultar toda a información deste proceso no seguinte enlace.

 

AdxuntoTamaño
solicitude libros de texto Anexo I e II 21-22.pdf705.88 KB
Informacion libros de texto e material escolar 21-22.pdf106.2 KB

Comentarios

Enviar un comentario novo



page | by Dr. Radut