Skip to Content

Non hai idade para facer deporte

O venres visitounos Avelino Barreiro, ciclista vilagarcian de 84 anos e avó dun alumno do cole.
Deixounos a todos abraiados, pois no 2021 fixo 25.000 km e cada día pedalea sobre 200 km. A súa vitalidade e paixón son dignas de eloxio.
 
Grazas a el quedounos ben claro que a vondade e o esforzo son moi importantes, que hai que facer deporte, alimentarse ben e ter moito coidado se circulamos pola estrada, e sempre sen esquecer o casco.
 
Parabens pola túa constancia e moitas grazas por compartilo connosco!
 

 

Estrela Rosaliadecastro

Este ano achegámonos á figura da nosa poeta máis universal observando a relación da súa obra co espazo e coñecendo a estrela que leva o seu nome, xunto ao exoplaneta Riosar.

Nas difererentes imaxes atoparedes información sobre a estrela Rosaliadecastro e a astrónoma Antonia Ferrín.

Entroido 2023

E chegou o Entroido. Ciencia e ciencia por todos os lados. Científicos tolos, reloxos, astronautas, Einsteins, Tois, cohetes, galaxias, laboratorios, inventos e algún que outro choqueiro. Que continúe a festa!!!

 

 

Xornadas de portas abertas

 

 

 

  Poden facer a visita de forma virtual na seguinte ligazón:

TOUR VIRTUAL

 

 

Día da Internet segura

Hoxe conmemoramos o Día da Internet segura cun obradoiro no que aprendemos a detectar o fraude en videoxogos da man do Incibe, fixándonos moi ben en todo o que vemos.

O obradoiro foi moi interesante e aprendemos moitas cousas: que non debemos falar con descoñecidos, que non nos van dar nada gratis e seguro que quedan cos nosos datos, que debemos estar atento ás pistas que nos din que é moi probable que sexa un fraude, coma o nome ou o uso de palabras do tipo "gratis", como comprobar se é unha web segura...

Dentro da web do Incibe (Instituto Nacional de Ciberseguridade) atopamos un apartado para menores, nais e educadores con información, consellos, materiais e recursos, Internet Segura for Kids (IS4K).

Lembrade que consultar as vosas dúbidas no teléfono de axuda 017.

 

Charla 11F. Oceanógrafas do pasado e do futuro

Hoxe tivemos a sorte de comezar as conmemoracións polo Día da Muller e da Nena na Ciencia da man da oceanógrafa e mestra da Universidade de Vigo, que chegou ao cole cargada de imaxes, lupas binoculares, mostras para a observación, reproducións de fósiles en tamaño grande... A cousa pintaba ben!

Aprendemos unha morea de cousas sobre o labor das mulleres no estudo dos océanos, a obtención de mostras, os fósiles, a importancia das cadeas tróficas e como inflúe o que pasa na superficie no fondo do mar..., pero o que máis lle gustou a tooooda a rapazada foi mirar polas lupas binoculares as mostras de area que trouxo, onde puideron buscar fósiles.

Celebramos o 11F coñecendo a mulleres que estudaron os océanos no pasado e tendo claro que hai que adicarse ao que nos guste, independentemente de se es neno ou nena. Quen sabe se das nosas aulas sairá unha oceanógrafa do futuro!

Átomos que xogan ao pilla pilla, La Voz de Galicia, 7 de febrerio de 2023

Los alumnos de Rubiáns se sumergen en el océano, Faro de Vigo, 7 de febreiro de 2023

 

 

Día da Paz

Hoxe 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, xuntándonos para cantar e bailar dúas cancións. 

Primeiro bailamos A Carrasquiña e despois cantamos a nosa canción do curso pasado "Berra, Berra non á Guerra" 

Deixámosvos aquí tamén o videoclip da canción por se queredes velo. 

Reserva de praza no IES de VILAXOAN para o curso 23-24

 

Informamos ás familias do alumnado de 6º de Primaria que comezou o prazo de Reserva de praza no IES de adscrición IES ARMANDO COTARELO VALLEDOR (Vilaxoán).

O alumnado deberá traer correctamente cuberto e o antes posible o formulario de reserva de praza co fin de poder realizar dende o centro a reserva telemática correspondente (esta remata o 6 de febreiro).

Nesta ocasión, o alumnado leva para a casa o formulario cuberto e só teñen que revisalo e asinalo para devolvelo ao centro.

No caso do alumnado que non teña previsto cursar a ESO no IES de adscrición, terá que agardar a presentar de xeito presencial o formulario correspondente no IES escollido a partires do 1 de marzo. Enviaremos a información necesaria antes desta data.

         O alumnado que ten reservada praza nun centro, se vai presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut