Skip to Content

Illa do Lixo

Illa do lixo

O 5 de xuño, para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente realizamos unha actividade moi interesante.

Cada neno, pegou nun mural que simulaba o mar un envase da súa merenda. Cando rematamos o mural, este converteuse nunha auténtica illa do lixo.

Con esta actividade pretendiamos concenciar ao alumnado que un pequeno xesto como tirar un plástico pode converterse nun auténtico desastre medioambiental.

 

 

Exposición Platis

O cole parece un museo!!!

Tivemos a gran sorte de que o artista vilagarcián Juan Carlos Platis Cores, cedeunos 3 das súas obras "Mariscadoras" para expoñer no cole. MOITAS GRAZAS!!

Aproveitando que tiñamos estas obras de arte tan preto non deixamos pasar a ocasión de versionalas. A nós encántanos o resultado, e a vós?

 

 

 REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

06-06-17 - Faro de Vigo - Las pinturas de Platis inspiran a los alumnos del colegio de Rubiáns

Feira da Natureza

O alumnado de 1º, 2º e 3º visitou hoxe a Feira da Natureza en Silleda.

 

As nosas receitas do mar

Xa podedes disfrutar das riquísimas receitas que trouxéchedes ao colexio. Cal estará máis rica? Probádeas todas e comentade as vosas preferencias.


 

Se aínda queres coñecer máis recetas visita:

   
   

 

Se queres saber moito máis podes descargar a aplicación NON PIQUES NON PEQUES:

Grazas a esta app poderás descubir as mellores épocas do ano para comprar e consumir peixe e marisco de Galicia, identificarás dun xeito sinxelo e moi rápido os tamaños permitidos e tamén poderas coñecer as especies do noso mar!

Podes descargala gratuitamente dende:

 

Guardar

Guardar

Navega con rumbo

Hoxe aprendemos a navegar, pero non nun barco como cabía esperar este ano, senón a través de internet. Aprendemos o importante que é tomar certas precaucións como non aceptar a descoñecidos como amigos, falar cos nosos pais, pensar dúas veces o que vou subir porque é a miña imaxe, pedir permiso a outros para subir fotos súas...

Despois do que nos explicaron fixemos unha morea de preguntas sobre os hackers, pois estabamos moi preocuados por se algún entraba nos nosos xogos para hackearnos os puntos e os cartos virtuais. E aínda que nos explicaron que non les interesan ese tipo de obxectivos non quedamos tranquilos de todo.