Skip to Content

Educación viaria

O CEIP de Rubiáns participa no programa de Educación Viaria do Concello de Vilagarcía.

Grazas a este programa, cada ano visita o cole a Policía Local. O axente ensínanos unha morea de cousas para ser peóns e condutores exemplares.

Todos estamos desexando chegar a 6º para poñer en práctica o aprendido  cos Karts e as bicis no circuíto, que este ano, coincidindo coa semana da mobilidade, estaba montado na Praza da República.

Pasámolo xenial! Moitas grazas á Policía Local

Guardar

Inicio curso 2017 - 18

Comezar un curso novo sempre está cheo de emoción, nerviosismo, expectativas, e algún que outro choro....

A felicidade polo reencontro cos compañeiros foi a nota predominante durante toda a mañá e con esta alegría comezamos cos xa tradicionais xogos de benvida.

Este ano, Sabela, a nosa mascota vai a viaxar no tempo para ensinarnos un montón de cousas moi interesantes sobre Historia. Por iso, estes primeiros xogos estiveron "ambientados" en diferentes épocas da historia da humanidade. Convertémonos en trogloditas para cazar mamuts, en cabaleiros da Idade Media participando en torneos, en arqueólogos atopando ósos...... en fin unha maneira divertida de comezar o curso que temos por diante.

FELIZ CURSO A TODOS/AS!!!

REPERCUSIÓNS NOS MEDIOS:

12/09/17 - Canal Rías Baixas - Unha volta ao cole con viaxe no tempo

Guardar

Guardar

Guardar

Reunións informativas inicio de curso

Informamos das datas e horarios das reunións informativas de inicio de curso:

- Alumnado de Educación Infantil - Xoves día 7 de setembro ás 11:00 horas

- Alumnado de Educación Primaria - Martes 19 de setembro ás 16:00

Coida o mar!!!

Un ano máis chega o verán e con el "a canción do verán"

Este ano pensaban que podería ser "Despacito" ou "Súbeme la radio" pero non contaban co CEIP de Rubiáns.

A que vai a ser, sen dúbida, o éxito do verán é a nova canción composta polo alumnado e mestre de música do cole: "Coida o mar"

A canción ademáis de ter un estribillo pegañoso, difunde unha mensaxe que esperamos afonde en todos os que a escoiten e fagan precisamente eso, coidar o mar!

(se queres ver o vídeo en pantalla completa preme na palabra Vimeo)

Telexornal 2017

Como cada fin de curso esperamos ansiosos o Telexornal Resumo do ano, no que os compañeiros de 6º presentan a modo de noticierio todo o acontecido durante o curso.

Esperamos que vós guste tanto como a nós facelo!

 

                               (se queres ver o vídeo en pantalla completa clica na palabra Vimeo)

Premio Nacional

Premio Nacional 2016

O pasado 29 de xuño a profe Conchi e a profe Raquel foro a Madrid a recoller o Premio Nacional de Educación á Xestión Medioambiental e Sostenibilidade que nos otorgou o Ministerio de Educación polo noso proxecto "O Bosque de Sabela"

Este premio é un recoñecemento ao traballo realizado durante o curso 2015-16 do que toda a comunidade educativa nos sentimos moi orgullosos. 

Unha vez máis queremos agradecer ás familias e as entidades colaboradoras a súa axuda, non poderíamos facelo sen ela! 

 

Visita de Platis

Hoxe, a pesares de que as clases xa remataron, os máis cativos viñeron ao cole.

O motivo non foi outro que a visita do pintor arousán Juan Carlos Platis Cores para asinar as versións dos seus cadros, "As Mariscadoras" que pintou o alumnado de 3 anos.

Foi un momento de nervios e alegría para os máis pequenos do cole.

Moitas grazas a Platis por cedernos os seus cadros e por achegarse ao cole.

Festival Fin de Curso

Un ano máis despedimos o curso cun festival por todo o alto!

Este, non podía ser doutra maneira, estivo cheo de referencias mariñas.

O resumo das actividades realizadas, a modo de Telexornal, polo alumnado de 6º sempre crea moita expectación e a estrea do vídeo clip da canción "Coida o mar" foi todo un éxito.

Toda a comunidade educativa gozou dunha mañá na que houbo bailes de moitos estilos e ata os cativos de tres anos se atreveron cunha actuación en inglés! Tamén houbo momento para as bágoas, polos maiores que emprenden unha nova etapa no instituto e polos mestres que nos deixan. Sempre seredes parte do Cole!!!

Así puxemos fin a un proxecto apaixonante como foi "O mar de Sabela" agora toca recargar as pilas e empezar a pensar no seguinte proxecto. Estade atentos!!

FELIZ VERÁN!!

Premio Igualdade

Por terceiro ano consecutivo a Concellería de Muller do Concello de Vilagarcia fainos merecedor do XI  Premio Para a Igualdade de Xénero: "Boas Prácticas na Escola" polo noso proxecto "Un mar de mulleres" enmarcado dentro do proxecto documental integrado "O mar de Sabela"

Con este proxecto fixemos entrevistas a mulleres que realizan diversos traballos relacionados co mar: bateeiras, mariscadoras, biólogas mariñas, peixeiras... e ata á Conselleira do Mar!!!

Aprendemos que cada muller pode ser o que ela queira!!

Entrega do premio de Igualdade

O profe Santi e a profe Siña acudiron a recibir este galardón de man do Alcalde Alberto Varela, a Concelleira de Muller, Tania García e representantes do servizo.

Distribuir contido


by Dr. Radut