Skip to Content

OS 3 ERRES

Este ano dende o Equipo de Medio Ambiente estamos traballando a fondo sobre SUSTENTABILIDADE e a RECICLAXE. Por iso elaboramos este cartel onde nos aclara fácil e visualmente a importancia dos chamados "3 ERRES": REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR.

OLLO A ISTO:

PATRULLAS VERDES

Ola amig@s!

Aquí vos deixamos un pequeno recordatorio!

 

.

A Comunidade educativa do CEIP de Rubiáns agradécevos as todas as persoas e entidades que participáchedes e/ou participades no nosos proxecto para establecer hábitos saudables no noso alumnado (familias, clubes deportivos, empresas, institucións, asociacións...) e que nos fixo merecedores deste galardón.

GRAZAS! Sen vós non sería posible.

Chef de Rubiáns 2018-19

Un ano máis os chefs de Rubiáns gozamos cociñando con Richard Santamaria,  presidente da Asociación de Hostaleiros e Iniciativas Turísticas de Vilagarcía (AHITUVI).

Nesta ocasión cociñamos fabas de Lourenzá e outros productos típicos da horta galega, xa que este curso o noso proxecto "Sabela coñece Galicia" está dedicado á nosa terra.

Os de 6º, baixo a dirección do hosteleiro cociñou para o resto do cole, pero ademais degustamos os deliciosos manxares que aportaron as familias.

Todo o alumnado escribiu unha receita tipica coa que se elabora un recetario moi completo.

Grazas a Richard e as familias por facer que esta actividade, da que xa levamos catro edicións, poda realizarse con tanto éxito, sen a vosa colaboración non sería posible.

DIFUSIÓN NOS MEDIOS

27/11/18 - Canal Rías Baixas - O galego o mellor ingrediente da cociña do cole de Rubiáns

28/11/18 - Faro de Vigo - Los pequeños chefs de Rubiáns elaboran platos con fabas de Lourenzá

 

Magosto 2018

Como dicía o refrán? Ah, si! "Polo San Martiño trompos ao camiño". Pois a cumprir coa tradición e a xogar a este e outros xogos tradicionais. E as canicas do premio? Preparadas xa para outro torneo.

Como non pode faltar a música bailamos unhas cancións na roda todos xuntos. Canto nos gusta!

Para rematar o magosto asamos as castañas. Que ricas estaban, e que ben sentan quentiñas...

Samaín 2018

Un ano máis pasamos un día de medo! Igual é o último porque queimámolos todiños.

Despois de decorar o cole cunhas fermosas cabazas que facían referencia a diferentes aspectos de Galicia, lemos os relatos gañadores do concurso e os profes contáronnos uns contos de medo... Que mediño pasamos!

Pero logo queimamos os nosos medos nunha fogueira purificadora; así que agora xa somos máis fortes e podemos co que nos boten.

Educación viaria

Cada ano o cole participa no programa de Educación Viaria do Concello de Vilagarcía, grazas a el aprendemos un montón de cousas útiles para ser mellores peóns e condutores de bicicletas. 

Os de 6º son sempre os que mellor o pasan pois poñen en práctica todo o aprendido no circuíto de bicis e karts que a Policía Municipal prepara para elo, esta vez en FEXDEGA. 

Pasámolo xenial! 

Moitas grazas un ano máis, á Policía Local.

Theatre

O vindeiro luns teremos a sorte de volver a disfrutar dunha obra de teatro en inglés.

Grazas a Kids&Us pasaremos un rato “terrorífico” coa súa representación da obra “Phantom Manor” 

Haberá dous pases da mesma, á primeira función ás 11:00 para infantil e primeiro e a continuación será o alumnado de 2º a 4º o que sin duda se divertirá con esta peza. 

Comezamos así as actividades para conmemorar o Samaín/Halloween que tanto nos gusta. 

Graciñas coma sempre a Kids&Us por achegarnos ao cole o teatro en inglés. 

 

Día Europeo do Deporte Escolar

Xa sabedes que en Rubiáns nos gusta un montón facer deporte e coidar a nosa alimentación para medrar fortes e sans. Por iso non podiamos deixar de conmemorar o 28 de setembro o Día Europeo do Deporte Escolar. 

Fixemos unhas carreiras de relevos moi divertidas, non importaba quen gañara porque facendo Deporte gañamos todos! 

Distribuir contido


by Dr. Radut