Skip to Content

Responder ó comentario

O sabor da aventura está no mar

Dentro do Proxecta "Aliméntate ben" e na modalidade "O sabor da aventura está no mar" organizada pola Conselleria do Mar achégamonos polo miúdo e en directo a un traballo moi duro realizado tradicionalmente por mulleres: as mariscadoras! 

Esta vez fomos a Illa de Arousa, no só para ver como traballan estas mulleres senón tamén para comprobar in situ o proceso que segue o marisco dende a súa extracción nas praias ata que chega ás nosas mesas. 

Ben equipados, coas botas de auga, axudamos a apañar ameixas e así aprender as diferenzas entre as especies ( xapónica, fina e babosa). Fixemos unha boa captura aínda que tivemos que devolvelas ao mar, pois as mariscadoras xa tiñan o cupo cuberto.

Despois fomos á lonxa e descubrimos que antes de entrar,  aínda que as mulleres levan ben calculado os pesos e tallas permitidos, pesanllas e comproban que non se pasan das cantidades establecidas nin levan pezas pequenas.

Logo pasan á lonxa onde son clasificadas e etiquetadas para a poxa. E por último pasarán polas depuradoras para poder chegar ás plazas e aos supermercados nas mellores condicións para o seu consumo. 

Aproveitando que na lonxa había outros mariscos como os longueiróns, mexillóns e reloxios, tamén nos contaron moitas cousas moi interesantes sobre eles.

No porto aprendemos a diferenciar as embarcacións dependendo do seu uso, e ata sabemos que número teñen que levar no folio (matrícula) dependendo se son de pesca, recreo ou bateeiros. 

Para finalizar agasalláronnos cunha degustación de produtos do mar.

Foi unha xornada moi produtiva na que aprendemos moito máis sobre o noso mar!

 

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS: 

25/04/17 - Informativos TVG - Os cativos de Vilagarcía coñecen de preto o oficio das mariscadoras. 

Facebook Os arroases.

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Responder



by Dr. Radut