Skip to Content

Normalización Lingüística

Actividade de Dinamización Lingüística

Estimadas familias:

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega solicitamos novamente a vosa colaboración para unha actividade semellante á que fixemos en varias ocasións durante este curso.

Neste mes de maio, cada neno e nena debe traer escrito nun papel que van levar, un nome (ou máis) de ábores, flores e froitas en galego. Deben ser nomes galegos que non teñan a mesma forma en castelán. Por exemplo, serviría carballo (nome galego), pero non camelia (ten a mesma forma en galego e en castelán.

Para esta actividade os nenos e nenas van levar a silueta do pétalo dunha flor. Con estes pétalos formaríanse flores, que quedarían expostas nos corredores do colexio. As letras deben ser ben visibles e as siluetas pódense decorar ou colorear.

O obxectivo é recompilar e coñecer unha ampla relación de nomes en galego.

A data límite para entregar os traballos é o día 20 de maio.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración.

Un saúdo.

Proposta EDL

Estimadas familias:

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega solicitamos a vosa colaboración para unha actividade moi sinxela.

Neste mes de novembro, cada neno e nena debe traer escrita unha palabra relacionada cooutono; cando sexa posible pode incluír ilustración, pero sempre tendo presente que o maior protagonismo debe ser para a palabra. Para isto achégasevos unha plantilla desde o colexio. As palabras deben ser preferiblemente de uso exclusivo en galego (débense evitar palabras que teñan a mesma forma en galego e en castelán). O obxectivo é recompilar vocabulario relacionado con este tema para que o alumnado o vaia incorporando á súa linguaxe habitual.

A data límite para entregar os traballos é o día 30 de novembro. Van quedar expostos nos corredores do colexio, xunto ás palabras que traerán nos seguintes meses relacionadas coas temáticas que vos iremos comentando.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración.

Un saúdo.

Roxos, 25 de novembro de 2021

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Distribuir contido


by Dr. Radut