Skip to Content

O Centro

Acordos do claustro do CEIP Rosalía de Castro dacordo coas orientación dadas pola Consellería de Educación para o 3º Trimestre

Diante das orientacións dadas pola Consellería de Educación sobre o desenvolvemento para o 3º trimestre, o claustro de profesorado do CEIP Rosalía de Castro reuniuse hoxe ás 10.00 AM e tomou os seguintes acordos:

1. Afondar na titorización do alumnado de cada grupo, artellando os medios electrónicos que iso supoña (AbalarMóbil, correo electrónico, ...) Cada titor/a comunicará ao seu grupo a ferramenta acordada para establecer esa titorización.

Información da Consellería de Educación, FP e Universidade sobre o 3º trimestre

Esta é a información sobre o fin de curso publicada hoxe pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente)

 

 

Actividades e estratexias para a terceira avaliación

Bo día familias. Á espera de instrucións por parte da Consellería de Educación para desenvolver este último trimestre do curso, mañá martes 14/04 publicaremos novas propostas de actividades para que o alumnado dos distintos cursos realice. Mentres as condicións non cambien, estas actividades seguen sendo voluntarias e non avaliables.