Skip to Content

Complementarias

Xornada de Deporte Escolar. Futbol salasala 2019

Seguimos coa nosa participación no Deporte Escolar. Neste caso... quenda para o fútbol sala. Tivemos dúas xornadas no Pavillón Municipal de Xinzo de Limia para confeccionar as seleccións comarcais que participarán no Campionato Provincial o vindeiro 11/05 no Pavillón dos Remedios en Ourense. Moitas grazas Cultura, Deporte, Educación, Festexos e Xuventude De Xinzo, pola súa colaboración destas xornadas.
http://charcalibros.blogspot.com/2019/04/xornada-de-futbol-sala.html
http://charcalibros.blogspot.com/2019/05/2-xornada-de-futbol-sala.html

II Edición de "Come rico, vive san"

Segunda edición da iniciativa "Come rico, vive san", promovida pola compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa Eroski,. Ao igual co ano pasado tentamos fomentar entre o noso alumnado hábitos saudables a través da boa alimentación e a práctica de exercicio.  O compromiso na formación de valores para o noso alumnado é un reto prioritario do noso centro!

Visitamos Creactivity

Semana de gran intensidade de actividades no noso cole. Varios grupos visitaron a aula obradoiro Creactivity que a Obra Social Fundación La Caixa. ten instalada na Praza Carlos Casares. O noso alumando pasou moi bos ratos e aprenderon experimentando. A instalación estará aberta todo o día de mañá, 1 de maio. Aproveitade esta oportunidade!

https://charcalibros.blogspot.com/2019/04/creactivity.html

Xornada de Deporte Escolar.Campionato Provincial de Natación 2019

Seguimos co Deporte Escolar a tope! Dende o noso centro potenciamos a participación! Grandes resultados de TODXS os/as participantes! Parabéns!
http://charcalibros.blogspot.com/2019/04/provincial-natacion.html

III Feira da Educação, Ciência e Tecnologia de Ponte de Lima

Mais un ano!! Feira de Educação, Ciência e Tecnologia. Muito obrigado aos nossos amigos de Ponte da Lima tanto da Lagoas de Bertiandos e S. Pedro d'Arcos como aos compañeiros do Agrupamento de Escolas António Feijó.... Simplemente espectaculares. Vémonos xa xuño!

http://charcalibros.blogspot.com/2019/03/ponte-de-lima-feira-de-educacao...

 

Campionato Comarcal de Natación 2019

Campionato Comarcal de Natación 2019. Unha gran participación do noso alumnado e inmellorables resultados!

http://charcalibros.blogspot.com/2019/03/campionato-comarcal-de-natacion...

Planetario no CEIP Rosalía de Castro

Descubrimos as estrelas....... Unha pasada!

Coñece as túas Institucións 2019

Coñecemos as nosas institucións. Unha ollada ao Parlamento de Galicia e á Xunta de Galicia.

Materiais para traballar o Día Internacional da Muller

8 de marzo. Día Internacional da Muller. Iniciativas para a igualdade. A educación e o rol da escola son básicos para avanzar neste reto da sociedade actual. #DiaDeLaMujer

http://charcalibros.blogspot.com/2019/03/8-de-marzo-dia-internacional-da...

Xoves de comadres 2019

Nestes días de troula.... deixamos isto pendente... tedes que botarlle un ollo!

http://charcalibros.blogspot.com/2019/03/xoves-de-comadres.html

Distribuir contido


by Dr. Radut