Skip to Content

“SE PODEDES SOÑALO, PODEDES FACELO”

Este curso nun principio presentábase moi complexo pola situación que estamos a vivir. Pero, unha vez máis, os nenos e nenas déronnos aos adultos unha gran lección: eles foron capaces de sobrepoñerse enseguida ás adversidades e demostraron poder entreterse e pasar momentos divertidos cunha cantidade mínima de material e xoguetes, inventaron miles de xogos novos, sen perder nunca o sorriso e a ilusión, e cada día vémolos máis e máis felices. Por iso nós, os adultos, debemos aprender deles. Non perdamos a ilusión, sigamos na loita, e moito máis nestas datas tan especiais. Non esquezamos que somos de quen nos move o mundo cun sorriso e, se eles poden, nós tamen seremos capaces.

“O mundo precisa xente que ame o que fai”.

Bo Nadal para tod@s!

 



book | by Dr. Radut