Skip to Content

Un ano máis..... Desfile Infantil

Hoxe o alumnado do noso centro participou no Desfile Infantil polas rúas da nosa vila xunto co resto do centros educativos da Limia. En primeiro lugar queremos dar as grazas a toda a xente que encheu as rúas para animar e aplaudir a tod@s @s participantes do desfile. Agradecer tamén a Emerxencias Xinzo de Limia, Policía Local, Cultura, Deporte, Educación, Festexos e Xuventude De Xinzo, por todo os medios que puxeron ao dispor na organización deste evento.
Non queremos olvidarnos da nosa Ampa Rosalia DE Castro Xinzo de Limia, (en especial de Kisco Gandara e Javier Camino; e de Pepe Nocelojar e Xose Calleja Lopez polas fotos) por toda a colaboración que sempre nos prestan en todo aquilo que lles pedimos.
Dar as grazas tamén a todas as familias da nosa comunidade escolar que colaboraron en unha parte moi importante na elaboración dos traxes que hoxe con tanto porte luciron as nosas nenas e nenos.
Por último, destacar a labor do claustro do profesorado e do persoal non docente do Ceip Rosalia de Castro, que empregaron moitas horas estes dias, e incluso semanas,  do seu horario (lectivo ou non) en ter todo  punto para que todo saíse perfecto hoxe. Grazas compañeir@s!
Queremos ter un recordo especial para Sonia e Cris Bello, que aínda que hoxe non estiveron con nós, sempre son as primeiras en pórse mans á obra nestas ocasións...

http://charcalibros.blogspot.com.es/2018/02/un-entroido-de-conto.html



book | by Dr. Radut