O vindeiro venres 9 de febreiro todo o alumnado que así o desexe, participará no desfile de Entroido acompañado polo profesorado do centro. O desfile sairá ás 11.30 co seguinte percorrido: CEIP Rosalía de Castro – Rúa Rosalía de Castro – Rúa da Seara - Avda. de Madrid – Avda. de Ourense – Rúa Marcelo Macías – CEIP Carlos Casares.
Por outra banda, dirixímonos a todas as familias do centro para solicitar a súa colaboración no antedito desfile de Entroido. Pedimos que aqueles que teñan algún tipo de discomóbil (carro con altofalantes que poida reproducir música a gran volume) para acompañar ao alumnado do centro no percorrido do desfile se poñan en contacto con nós para estudar a posibilidade de usalo ese día. Moitísimas grazas por anticipado pola vosa colaboración.
Ese día SI HABERÁ SERVIZO DE COMEDOR, E AS SAÍDAS DO CENTRO SERÁN COMO OUTRO DÍA CALQUERA.
No caso de que as condicións meteorolóxicas impediran o desenvolvemento do desfile polas rúas de Xinzo, os pais/nais do alumnado poderán acceder ao centro ás 11.30 para facer fotos aos grupos do desfile, que baixarán á pista polideportiva en orde descendente de cursos, é dicir, dende o alumnado de sexto curso ata o de tres anos.
Recordamos que, segundo figura no calendario escolar fixado pola Consellería de Cultura, Educación e O.U., non haberá clase os vindeiros 12, 13 e 14 de FEBREIRO pola celebración do Entroido e que as clases se reanudarán no seu horario habitual o XOVES, 15 de FEBREIRO.